Varias autonomías do Estado están, nestes intres, negociando co Goberno Central, a creación de novas Facultades de Medicina para dar resposta á forte demanda dos seus cidadáns e cidadás por estes estudios.

Curiosamente, aquí, en Galicia, claramente deficitaria neste eido, cunha soa facultade no norte do

país, a cuestión parece non preocuparlle, en absoluto, ó señor Touriño, que fai, unha e outra vez, oídos sordos ás demandas de moitos dos seus votantes.

Centos de rapaces e rapazas, con estupendas notas medias na Selectividade, non poderán ver realizado o seu soño de seren médicos por non teren outro centro destas características perto dos seus fogares, aínda que á xente de cartos non lles preocupe (hai boas universidades privadas dentro e fora do país) Viva o protagonismo!

Un amigo meu vai tolear estes días de tanto conectarse pola Internet con tódalas facultades de Medicina de España buscando unha plaza para o seu retoño, que, por unha décima, non acadou a nota de corte en Santiago.

En que país estamos? Cando temos en Compostela unha facultade de Medicina que non da máis de si, con plazas, polo visto, ocupadas por estudiantes portugueses (en prexuízo dos autóctonos), resulta que ó Presidente de tódolos (?) galegos o tema non lle produce frío nin calor.

Na Área Metropolitana de Vigo, esa que tamén a Xunta de Touriño négase a recoñecer (non vaia ser que esta cidade despegue máis da conta), nun radio de 25 ou 30 kilómetros sobran estudiantes para encher esa nova facultade que este home nin siquera se molesta en solicitar ó Goberno amigo. E iso que temos ahí ó Pepiño Blanco que xa dixo, nunha ocasión, que non veñen cousas para Vigo porque non se piden... Vaia falta de responsabilidade!

Pouco importa que "discriminación" sexa sinónimo de Vigo; pouco importa que os devaluados socialistas vigueses solicitaran (antes

"esixían") a vella aspiración dunha Facultade de Medicina; pouco importa que nese goberno galego haxa vigueses/as ós que debería dar vergonza pasear por esta cidade. O novo centralismo manda.

Os de Compostela aférranse, coma carrachos, ós "fueros" e privilexios de sempre. Un chisco máis arriba, no país dos "duplicados", "triplicados" e obras "singulares", pártense de risa vendo o panorama.

E Vigo, qué gañou co socialismo? Déronnos, acaso, o Xulgado Mercantil? Recoñecéronlle a esta cidade o Estatuto de Capitalidade para equiparala, como é de xustiza, en todo, ás outras catro? Onde está a Consellería de Pesca, prometida diante de milleiros de persoas por ese home de palabra? Por que non se acepta a Área Metropolitana como pide o noso alcalde? Non se nos segue negando, e, por ende, condenando ó atraso, a Facultade de Medicina, demandada desde sempre? Para que seguir!

Ó mellor non viría mal xuntarnos cos portugueses. Así teriamos, porque aquí non deixan, aeroporto internacional, boos baratos, e ata a Facultade de Medicina que nos negan. Hai que preguntarlle a Pescanova como fixo para que lle vaia tan ben.