Fai un ano, sería impensábel que douscentos militantes do PP se manifestaran en Madrid ante a sede deste partido pedindo a dimisión do señor Rajoy. Que ten pasado no PP para que esta división se teña producido? Cales son as causas de que militantes tan considerados como María San Gil e Ortega Lara fixesen públicas as súas dimisión?

Nós pensamos que as diferencias políticas entre os afiliados do PP non son tantas. O mar de fondo destas discrepancias están no líder, no señor Rajoy. A derrota electoral foi a causa, Rajoy fracasou. De nada serviron as críticas ós socialistas e os seus aldraxes ó señor Zapatero. Esa precisamente foi a causa da derrota. Os membros do PP queren ver realidades e non críticas.

Pola outra banda, as posibles alianzas con partidos nacionalistas non teñen porque ter motivo das discrepancias, pois o PP xa tivo alianzas con eles cando estivo gobernando.

Ninguén se ten presentado na candidatura para dirixir o partido nas próximas confrontacións no congreso do mes de xuño. Teñen medo ós posibles contrincantes a non ter os apoios necesarios. Se rumoreaba de algúns nomes destacados do PP como posibles aspirantes, pero a realidade é que ata agora ninguén se ten atrevido a presentarse como rival do señor Rajoy.

Os acontecementos se precipitan e o congreso xa ten pouco tempo para as posibles sorpresas. Do que non temos a menor dúbida é que o congreso non vai ser un camiño de rosas, mais ben unha acumulación de espiñas.