Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 19
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A sorte das mentiras

     Escoitaba estes días as ducias de verbas ditas no Parlamento de Galicia.  Estase a facer o Debate da Autonomía e máis que iso, semellaba un enfrontamento de galos mexicanos. E xa estamos FARTOS. Estamos fartos de que só vos preocupedes de limpar a vosa imaxe do que din uns ou outros. Estamos fartos de que usedes o Parlamento que é de todos para dicir falcatruadas baratas, pero sobre todo, estamos fartos de que non vos preocupedes por nós, os galegos. Quérovos recordar, que VÓS, os políticos, traballades para NÓS; o pobo. Que non se vos esqueza, porque un pobo enfadado, un pobo culto, é un pobo con armas. É un pobo que pode sacarvos do poder, é un pobo que despreza a vosa pouca dignidade; se é que vos queda.

    Estamos fartos, das mentiras. Si, as mentiras, as que nutren o voso poder, as que nutren o voso goberno. As mesmas que vos deron o poder mentindo a pensionistas, a estudantes, a funcionarios públicos, aos do metal e aos do leite. E aínda así estades tranquilos, e dicides con moita parsimonia que Galicia é o pobo onde máis descende a cifra de desemprego. Vós pensades que os galegos seguen a ser os mesmos sumisos labregos de non hai moito? Pensades que non somo xa, un pobo culto para desmontar as vosas atrocidades? Resulta que collemos dous datos; procedentes da EPA; e a non ser que eles tamén mintan, o único dato contrastable é que no ano 2009 o paro en Galicia cifraba nun 12,9%, e hoxe en día, é case o dobre; o desemprego xa lle afecta a un 22,4%. E iso é de alegría? Iso e motivo de celebración? Para quen, señor Feijoo? Deixa xa de mentir, xa non cremos nas túas verbas cheas de veleno, xa non te cre ninguén. Non te cren os estudantes, nin os desempregados, nin os traballadores públicos, nin os emigrantes retornados, nin os preferentistas. 

    Pídollo encarecidamente; váiase xa, se de verdade quere a un pobo como Galicia.

     

     

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook