Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 14
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sen Sócrates na bancada

    "Só vin a Italia para ler a Gramsci en idioma orixinal". Así se presentou Sócrates "O Doutor" cando fichou pola Fiorentina en 1984. Toda unha declaración de principios de índole marxista daquel xenial xogador que desafiou á dictadura brasileira sendo a figura máis destacada da chamada "Democracia Corinthiana". O día 4 cumpriuse un ano do seu falecemento xusto cando o equipo dos seus amores, o Corinthians, se atopa a un chanzo de gañar o Mundial de Clubes.

    Os pauslistas, campións da Copa Libertadores, se enfrontan este domingo ao Chelsea. Os millóns de fanáticos do segundo equipo máis seguido de Brasil -apenas detrás do Flamengo- soñan con gañarlle aos millóns de euros da conta corrente de Abramovich. Empresa difícil e non exenta de inxenuidade.

    Do Chelsea pouco se pode dicir. Barreu ao Monterrey mexicano, que sobre o papel era o mellor equipo do Mundial de Clubes fóra dos finalistas. Os londinenses xa carburan con Benítez no banquillo. Torres recuperou o seu olfato goleador e a liña que forman Mata, Hazard e Oscar é de auténtico luxo.

    Menos quilates ten o Corinthians, que chega á final tras vencer por 1-0 ao mitiquísimo Al Ahly exipcio. Sen embargo, destacan varios nomes como o talento de Paulinho ou Alex na mediapunta ou o traballo escuro de Ralf no mediocentro.

    O porteiro Càssio e o atacante Jorge Henrique tamén son nomes a anotar. A faceta goleadora correspóndelle á flamante fichaxe do peruano Paolo Guerrero e, sobre todo, a Emerson Sheik, nacionalizado qatarí. Sen esquecernos da promesa de brillante futuro Romarinho. Sen embargo, é xusto dicir que este Corinthians non practica precisamente o jogo bonito brasileiro, senón que aposta polo pragmatismo, durmir o ritmo dos encontros e priorizar a parcela defensiva.

    Á primeira hora da tarde deste domingo no Xapón resonarán os berros dos hooligans ingleses ou os dos milleiros de gorxas da torcida "Gavioes da Fiel" que acompañaron ao Corinthians ata o país nipón

    Grandes e glamurosas estrelas do fútbol contra os soños dos seguidores do "Equipo do Povo" de Sao Paulo... ¿Por quen apostades?

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook