Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 18
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O triunfo da pizarra de Tite

     A victoria do Corinthians sobre o Chelsea na final do Mundial de Clubes deixa ás claras que ás veces un equipo ben traballado é máis importante que tirar de billeteira para contratar a unha constelación de estrelas. Non hai moito o Timao estaba na Serie B brasileira, unha catástrofe para un clube das súas dimensións. Dende que Adenor Bacchi "Tite" se sentou no banquillo do xigante paulista todo foron éxitos a base de paciencia, algo que adoita faltar en Brasil, e de rigor táctico. O Corinthians é aburrido para o espectador. Neste Mundial de Clubes saldaron os seus dous encontros con victoria pola mínima. Co mesmo exercicio de pragmatismo gañou o Brasileirao de 2011 e se impuxo na Copa Libertadores do primeiro semestre de 2012.

    Pero a desgana inicial tras ver o seu fútbol convértese en admiración ao analizar un equipo baseado no bloque ata o extremo. Poden dicir algunha superestrela na plantilla actual do Corinthians? Tal vez Paulinho, ou a promesa Romarinho, ou o goleador Paolo Guerrero, ou o porteiro Cássio, o mellor xogador do Mundial de Clubes... Pero ningún deles por si só é un argumento suficiente, nin de lonxe, para explicar o éxito dos paulistas. E teño dúbidas de que cando Paulinho dea o salto a Europa rinda a mesmo nivel.

    O Corinthians administra os tempos á perfección. Coñece as súas limitacións, Tite estuda aos rivais, saben cando deben atacar e cando replegarse e, sobre todo, teñen unha capacidade tremenda para durmir os encontros en canto se poñen por diante no marcador. O Chelsea estaba moi estudado, durante meses, e o traballo de destrucción de Jorge Henrique ou Ralf, entre outros, é unha boa mostra disto. Aínda así, as paradas de Cássio e o desatino de Torres impediron a prórroga.

    Decepción nos londinenses e Rafa Benítez parece que terá moi complicado conseguir o apoio dunha afección propia que todavía idolatra a Di Matteo e non lle perdona o seu paso polo Liverpool.

    Con todo, o mellor que nos deixou este Mundial de Clubes foron as imaxes de decenas de miles corinthianos en Xapón, enchendo o estadio, e con esa pancarta xigante do grupo Gavioes da Fiel nas bancadas. Só ver o ateigado que estaba o aeroporto na saída dos xogadores cara o país nipón pon os pelos de punta. Non hai que esquecer que o número de seguidores do Corinthians se estima en 31 millóns de persoas. Siareiros que viven un momento doce xusto unhas semanas despois de que o seu máximo rival, o Palmeiras, baixara á Serie B.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook