Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 03
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    In Landon we trust

    Segundo título consecutivo para Los Ángeles Galaxy, e segundo gañado ante Houston Dynamo na final do play-off da Major League Soccer. Sem embargo, neste caso a victoria na final da fin de semana cun 3-1 para os californianos ten un sabor moito máis especial. Pois pon fin a unha época gloriosa coa marcha de David Beckham -o Queens Park Rangers londinense, o PSG ou o Mónaco soan como novos destinos do inglés- e a máis que probable de Landon Donovan, todo un mito do soccer que ten incluso ofertas millonarias dende México. "In Landon we trust" rezaban moitas pancartas da xente que ateigou o estadio e que tamén aplaudiu a rabiar cando Beckham ergeu a copa na compaña dos seus fillos e engalanado cunha bandeira do Reino Unido. A avaricia propia dun goleador privou a esta estrela mediática de despedirse cun gol, pois cando Donovan lle cedeu a oportunidade de disparar o penalti definitivo, o dianteiro irlandés Robbie Keane dixo que esa honra lle correspondía a el.

    Os Galaxy culminan un ano no que comezaron con moitas dúbidas e no que ao principio parecía que dende San José ou dende Nova Iorque, con Henry en plan estrela, se disputarían a Liga. Pero o sistema de play-off peca de inxusto e non adoita premiar a regularidade.

    Os 22 goles de Keane e os 11 de Donovan marcan a diferenza na MLS. Tamén é reseñable a aportación en ataque, saíndo dendo o banco, de Mike Magee. Os puntas do clube de Los Ángeles adoitan contar coa axuda dos extremos Marcelo Sarvas e Sean Franklin. Dende máis atrás, a faceta de construir o xogo correspóndelle ao propio Beckham, que mitiga a idade cuns pases en longo e uns centros sempre precisos, e ao xoven brasileiro Juninho, cada vez máis importante en Los Angeles dende que chegou hai tres anos procedente do Sao Paulo B.

    Haberá que ver se os xestores dos Galaxy logran recompoñer un equipo que volte a aspirar ao máis alto.

     

    California manda

    En toda América están rematando os campionatos ligueiros. E outro equipo californiano acadou esta fin de semana a gloria. Trátase do Club Tijuana Xoloitzcuintles, que ergeu o título de campión da Liga Apertura de México. Este equipo humilde, da grande cidade de fronteira con EE.UU, na Baixa California, fixo historia ao gañar por primeira vez o campionato nacional, apenas uns anos despois de acadar o máximo escalón no fútbol nacional.

    A seguir o dianteiro colombiano Duvier Riascos, que despois de pasar ata por China parece que atopou un bo acomodo en México.

    Tamén gañou o Torneo Apertura de Arxentina Vélez Sarsfield, comandado por un Facundo Ferreyra clave tanto na creación de xogo como na faceta goleadora. E en Uruguai, para completar o póker de campionatos, foi Peñarol de Montevideo o que recolle o testigo como campión do Apertura. Estas dúas últimas ligas están sumidas, dende hai anos, nunha perda de calidade alarmante.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook