Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O accidente do grupo Ciclón non impide seguir co calendario

    Grupo Ciclón - 2010 - 072Noelia García, vocalista de Ciclón e unha das responsables do grupo compostelán

    Noelia García: "O peor día de Ciclón sen dúbida". "Moitas grazas a todos polos apoios". "Temos o mellor equipo humano que se pode ter"

    Onte no noso muro de Facebook faciámonos eco do accidente dun dos dous tráilers do grupo compostelán CICLÓN, concretamente o do escenario, na localidade asturiana de Vegadeo, por onde regresaba a Galicia despois dunha actuación en Presno e se dirixía a Razo (Carballo) para a seguinte data do calendario.

    Por causas descoñecidas ata o momento o chófer (que ía acompañado dun dos montadores) perdeu o control da tractora e envorcou. Os danos persoais, afortunadamente, quedaron nalgunhas feridas superficiais e só houbo que lamentar danos materiais. Polas fotos publicadas nalgún medio de comunicación a tractora quedou moi seriamente danada e a gabarra (escenario) parece que menos. Onte pola tarde estábase valorando, incluso, se podería haber actuación no propio escenario. Finalmente o grupo actuou no palco do grupo MIDAS e adiantou que non se ía cancelar ningunha actuación.

    Noelia García agradecía en Razo, emocionada, todas as mostras de afecto e ánimo co grupo antes de empezar unha nova actuación, diferente en canto ao escenario, pero igual de intensa que o resto das que levan feitas esta temporada. Nas redes sociais o grupo CICLÓN e os seus responsables agradecen todo o apoio e toda a axuda, a forza de seguidores e amigos é a razón de seguir adiante cun equipo humano que é "o mellor que se pode ter".

    Hoxe domingo toca Ferreira de Pantón (Lugo).

    Desde Festa a Festa todo o noso ánimo e forza para toda a familia CICLÓN.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook