Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Guadi Galego: "Este é un disco de pop feito en Galicia e por unha galega"

"Canto en galego por sentimento e posicionamento coa lingua"

Guadi Galego, nunha imaxe promocional do seu novo disco.

-Sendo tan distintas as lúas de outubro (outono) das de agosto (verán). Por que decidiu titular así o disco?

-Pois por unha razón moi sinxela e, ao tempo moi persoal: en outubro do 2012, un día de lúa chea, chegou o meu primeiro fillo; en agosto do 2014, tamén cunha lúa chea e moi espectacular, chegou a miña segunda filla.As lúas eran, as dúas, cheas e moi luminosas, coma o son eles na miña vida.

-Na documentación que nos pasa a discográfica, saliéntase o labor de produción de Pachi Alis. Por que elixiu Vde. este produtor e en que aspectos podemos apreciar o seu labor os que escoitamos o disco?

-Este disco non sería o que é sen Pachi.El ten un son particular, unha sofisticación precisa, un talento espectacular e, sobre todo ,un respecto absoluto pola miña música, tanto polo que atingue ás melodías como ás letras e harmonías. Pero o fundmental é que comprende a miña forma de entender a música.Pachi gravou guitarras, baterías e baixos ?Coido que con isto está todo dito.

-Que diferenzas hai entre a Guadi Galego que hai cinco anos gravaba e editaba Benzóns e esta Guadi Galego de BenzónsLúas de outubro e agosto

-Todas as que a curiosidade e a madurez me dan. Eu sigo deixándome levar polas cancións, facendo o que me piden o corpo e a alma?Benzón foi un traballo moi especial para min,igual que este, pero non teñen nada que ver!!

-Aparte de (loxicamente) Vde. mesma, hai algunha liña de continuidade que una estes dous traballos?

-Absolutamente ningunha, aparte, como subliñas, de eu mesma e mais do pouso do vivido e aprendido.

-Cando saíu Benzóns, dicía Vde. mesma que aquel era un disco conceptual e, de feito, non chegou a facer "presentación oficial" en directo. Supoño que si a fará co este disco novo. Como definiría, entón,Benzóns, Lúas de outubro e agosto

-Desta vez si que farei directos, concerteza. Pois é un álbum de autora/autores, sinxelo, melódico, íntimo e moi propio, que rouba esencia da música tradicional galega porque eu son parte desa música; pero para min é, sen dúbida, un álbum pop feito en Galicia por unha galega.

-Aínda que que a parte visible do seu traballo é a interpretación, tamén hai unha parte invisible: a composición. Cal vén ser o seu particular xeito de compoñer? É moi autoesixente? Deixáse aconsellar por opinions alleas??

-Creo que levo moitos anos facendo cancións?o da composición soa como máis académico e eu disto un pouco desa faceta.Fago cancións dende hai moitos anos.Non son autoesixente, porque escribo e creo melodías e harmonías quesinto; sei que non son unha grande nin das letras nin da composición,non é a miña meta?só trato de dicir o que penso e o que sinto, que non é pouco., non? O máis proable é que se lle dese mil, dúas mil ou dez mil voltas a todo o que escribo, acabaría sen facer nin un só tema (risos).

-Cantar en galego é algo innegociable na súa traxectoria musical?ou non descarta a posibilidade de abrirse a outras linguas: por exemplo, facer un disco en castelán?

-Son totalmente bilingüe?a miña lingua nai é o galego,malia que durante anos, algúns se empeñaran en que así non fose?A miña postura é de total e absoluto apoio á lingua. Eu sempre comporei en galego porque para min é o natural, a miña proposta persoal, e dentro dun colectivo ou pobo.Pero podo cantar en calquera lingua sen ningún complexo, e menos co castelán, un idioma que domino á perfeción (risos).Non descarto deixar de facer nada na miña vida.Pero, repito: escribo en galego por sentimento e posicionamento coa lingua.

-Estamos tamén diante do seu primeiro traballo tras da disolución de Berrogüetto, que foi o grupo que a deu a coñecer profesionalmente. De todo canto, supoño, aprendeu como membro de Berrogüetto, con qué se quedaría?

-Sen nigunha dúbida, coa profesionalidade,co oficio, con ter a sorte de ter tocado cos mellores e, por enriba de todo, coa amizade entre todos os que nas sucesivas etapas formamos parte do grupo.

-Seguindo, e rematando, con Berrogüetto. Non falta quen diga que a disolución do grupo foi unha auténtica desgraza para a música galega. É para tanto?

-Cáseque preferiría non respostar a esa pregunta.?Iso queda para a sensibilidade de cadaquén. Longa vida á música galega, pero Berrogüetto é e será eterno!

Compartir el artículo

stats