O programa Ribeiras de Salitre achégase a Arousa no capítulo "A tribo do mar"
O traballo de Producións Celta emítese hoxe na TVG, presentado e dirixido por X. H. Rivadulla
O programa "Ribeiras de Salitre", de Producións Celta para TVG -dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón- achégase no capítulo de hoxe a Illa de Arousa, donde atopamos unha das Confrarías con maior número de asociados: 897 homes e mulleres, que traballan as artes do marisqueo a flote e a pé, a nasa, o trueiro, o xeito ou o mergullo.
O importante traballo dos bateeiros tamén se reflexa no traballo "A Arousa, a tribo do mar" que se emite hoxe (15.30 horas) e que se achega ao mar xunto a Soledad Patón e Magdalena Chaves, que son nai e filla e traballan o marsiqueo a flote. As dúas consideran que traballan nun paraíso, porque para ela iso é o mar de Arousa.
Tamén é unha testemuña Juan José Millán, que compaxina o marisqueo a flote co traballo de camaroneiro -collendo o camarón con trueiro nas bateas- e Natalia Paz, mariscadora a pé, que traballa dende os dezaseis anos, entre outros.
Temas
Más en Sociedad
-
Una nueva manifestación en defensa de la sanidad pública y contra la gestión de Ayuso
-
Homenaje a médicos y sanitarios por su labor en la pandemia: “España mostró raudales de solidaridad y empatía”
-
La ayuda del SEPE de 480 euros que podrás cobrar mientras trabajas si cumples estos requisitos
-
Vecinos y sindicatos vuelven a la calle en defensa de la sanidad pública en pleno debate sobre la limitación a la gestión privada