O Festival de Cinema Fantástico da Coruña, no "Zigzag" da TVG
O programa Zigzag da Televisión de Galicia (TVG) contará hoxe coa presenza de Tonecho Otero, director do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, que celebrará a súa décima edición do 13 ao 21 de outubro e que ofrecerá mesas redondas, conferencias, obradoiros e proxeccións arredor deste xénero cinematográfico. O certame deste ano está dedicado á temática sexo, provocación e censura, coa obra de autores cuxa fantasía resultou especialmente transgresora ou subversiva, ata o punto de pagar a súa ousadía coa censura, o ostracismo ou o exilio.
Ademais, os espectadores verán unha reportaxe sobre Ciclón Compostela, un proxecto artístico coordinado por David O´Silva e Misha B. Golas desde a mostra "Impresións e Continxencias", coa colaboración da cineasta Jaione Camborda.
Temas
Más en Sociedad
-
Sorteo Bonoloto del domingo 19 de mayo de 2024
-
Sorteo de El Gordo de la Primitiva del domingo 19 de mayo de 2024
-
Una nueva manifestación en defensa de la sanidad pública y contra la gestión de Ayuso
-
Homenaje a médicos y sanitarios por su labor en la pandemia: “España mostró raudales de solidaridad y empatía”