Da reedición de "Os nenos", o seu debut narrativo, á tradución ao ruso
A vertente divulgativa completarase este ano coa recuperación das obras de Filgueira publicadas ao longo da súa prolífica traxectoria. Unha das pezas que se editará en edición facsimilar resulta representativa dos seus inicios, xa que se trata da primeira obra de narrativa que escribíu, titulada Os nenos. Non será a derradeira que verá a luz de novo, pois tamén se prepara a reedición de Historias de Compostela.
O Consello da Cultura Galega, que tamén presidíu Filgueira, dixitalizará 22.000 documentos vinculados ao autor, entre os que se atopa un epistolario con persoeiros como Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Ramón Cabanillas, así coma material vinculado ao Seminario de Estudos Galegos ou a súa participación no Partido Galeguista. Nesta tarefa de recuperación, a Xunta aportará a inclusión de moitas das súas publicacións no Galiciana, un servidor dixital vinculado á Biblioteca de Galicia.
Neste ámbito, o Centro Ramón Piñeiro editará no novo número dos seus cadernos un especial sobre Filgueira, así coma un breve epistolario entre el e Sánchez Cantón.
Para impulsar a súa divulgación, o Centro de Estudos Galegos traducirá parte da súa obra , incluíndo o paso ó ruso.
Dentro das tarefas de recuperación do legado de Filgueira Valverde, a Xunta, en colaboración coa Central Folque, recuperará a gravación realizada ao gaiteiro de Campañó no 1947, impulsada polo propio Filgueira e que estará recollida nun libro-disco.
Ademais, os medios públicos insertarán contidos vinculados á obra do exalcalde de Pontevedra durante estes meses e empresas como Eroski, Feiraco ou Gadisa daranlle visibilidade á celebración do Día das Letras durante o mes de maio.
Más en Sociedad
-
Malas noticias para los trabajadores con vacaciones en verano: la sentencia de Roberto Brasero sobre el tiempo que tendrán
-
Renfe muscula su oferta de alta velocidad 'low cost' con trenes con un 17% más de capacidad
-
Extremadura dará hasta 5.000 euros a víctimas de violencia de género para sanidad, vivienda o el carné de conducir
-
Más de quince mesas se van sin pagar y sin dar explicaciones de un restaurante en Gran Canaria