Mar Guerra, premio Merlín de literatura infantil: "Ser distinto non é ser estrano, senón especial"
"Xenaro e o misterio da mochilota verde" é a primeira novela da xornalista Mar Guerra e con ela conseguio onte o seu primeiro premio. "Estou encantada de recibir este galardón, porque estes recoñecementos crean ambicións literarias", sinalaba a autora ao coñecer a noticia. "A pesar de non ter maxia, ao xurado gustoulle", engadía. O libro premiado conta a historia da amizade a partir dun neno de 11 anos. "Os máis pequenos aínda están a tempo de recuperar a decencia e a dignidade", pensaba. A novela está cargada de misterio e de intriga, pero tamén conta cunha parte que a escritora define como "tenra". "Xenaro é un rapaz ao que lle gusta xogar coas palabras e ler. O que quero reivindicar é que ser diferente non é ser distinto nin estrano, senón especial", subliñaba.
Más en Sociedad
-
Cher tiene un novio 40 años más joven: "Los hombres de mi edad están todos muertos"
-
El Supremo avala que Sanidad pague el tratamiento de una enfermedad rara
-
Canarias inicia el debate en Bruselas sobre la súper población de las zonas turísticas
-
La Comunidad Valenciana prohíbe el uso de los móviles en colegios e institutos