Premio aos mellores lectores do ano

cultura

y Na Guarda e en Tui distinguiron ás persoas que máis préstamos retiraron da biblioteca

Premio aos mellores lectores do anoFDV

O pasado martes, día 11 de xaneiro, celebrouse o Día das persoas usuarias das Bibliotecas e foron moitas as bibliotecas dos concellos da bisbarra que, con tal motivo, premiaron a aqueles que máis obras levaron prestadas durante o 2021.

Las larvas son muy diferentes a los individuos adultos. Están ciegas y carecen de dientes

Dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías adulto, xuvenil e infantil. As persoas premiadas foron Consuelo González Iglesias, como mellor lectora adulta con 109 libros solicitados en préstamo; Davi Sieves, co premio ao mellor lector xuvenil con 30 exemplares e Mateo Alonso Álvarez, mellor lector na categoría infantil con 97.

Os tres recibiron da man do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un diploma que dá conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos, e da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Ademais, as persoas que se achegaron á Biblioteca durante esa xornada recibiron como agasallo unha bolsa de tea cun deseño exclusivo e o lema “Un libro, un mar cheo de ideas”.

Unha das lectoras premiadas pola biblioteca municipal de Tui.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos no ano 2021 estánUna cena monstruosa de Meritxell Martí e Xavier Salomó, El monstruo de colores va al colede Anna Llenas e Daniela y Las chicas pirata de Susanna Isern & Gómez na categoría infantil e La chica de nieve de Javier Castillo, Rey Blanco de Juan Gómez-Jurado e La red púrpura de Carmen Mola en categoría adulto.

En Tui organizaron dúas actividades para conmemorar esta xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria. Por unha banda, entre todos os usuarios da xornada do pasado martes realizouse un sorteo dun lote de libros para adultos e outro lote para nenos. E, por outra parte, tivo lugar a entrega dos diplomas de lectores de honra do ano 2021 ás tres persoas, en categoría adulto e infantil, que máis préstamos teñen retirado da biblioteca ao longo do pasado ano.

Os receptores do diploma foron, en infantil, Sergio Fontenla Alonso, con 90 volumes; Marina Ropero Montero, 85 volumes e Olga González Gonzalez, 78 volumes; en adultos os galardoados foron Leda González González, 70 volumes; Belén Montero Ballesté, 68 volumes e Concepción Digón Guzman, 67 volumes.

O acto celebrouse na propia biblioteca e contou coa presenza do alcalde Enrique Cabaleiro e da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla.

Pulsa para ver más contenido para ti