Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A 'gripe española' causou preto de cen mortos en Lalín

Na parroquia de Sello finaron 14 veciños en solo nun mes debido a aquela pandemia rexistrada no ano 1918

Xavier Méndez, testemuña viva dos acontecementos de Sello, amosa os sepulcros da casa de López. // D.G.A.

"A peste do ano 1918 foi unha verdadeira calamidade pola cantidade de xente que morreu en pouco tempo" conta o noso informante na parroquia lalinense de Sello, Xavier Méndez. "No mes de outubro morreron 14 veciños e o sancristán seica non baixaba do campanario, segundo me contaba miña nai, que lembraba que nun día chegou a haber tres enterros seguidos". Aquela peste que se ten polo antecedente mais próximo da pandemia que estamos a padecer, puido deixar segundo os nosos cálculos, case un cento de vítimas mortais no municipio lalinense e ata uns trescentos nos seis da comarca de Deza.

O amigo Xavier, un mestre metido a labrego que agora goza da xubilación, estudara para crego nos anos mozos e dende hai tempo ven facendo de sancristán, polo que sabe moito da historia e dos acontecementos da parroquia de Sello, que apunta nunha caderno por se a súa boa memoria, non fora dabondo. Nela, leva rexistradas todas as defuncións dende hai mais de cen anos, sacadas do libro parroquial o que permite comprobar que nesta parroquia, que primeiros anos do século XX, andaba polos trescentos habitantes e viña rexistrando catro ou cinco falecementos ao ano, cando foi da gripe do ano 1918, chegouse as 23 defuncións, 14 deles entre o 10 de outubro e o 10 de novembro. Os que morrían era xente nova de entre 20 e 40 anos, e raramente algún que outro cativo ou patrón. O entón cura párroco Manuel Pazos Castro, nativo de Galegos e moi querido polos fregueses, tamén sófreo o contaxio do virus, polo que tivo que pedir axuda ao da veciña parroquia de Bermés, que naquelas tráxicas xornadas non daba abasto. Tamén o médico lalinense Francisco Rivas Barros, que atendía polas mañás esta parroquia e outras da contorna dende Prado a Bermés, e pola tarde varias de Dozón e aínda buscaba tempo para atender a súa clientela da vila pola noite, caeu contaxiado pola gripe o que non lle impediu atender os enfermos, desprazándose polos angostos camiños enriba da súa moto. Houbo casos verdadeiramente tristes, coma o do caseiro da podente casa do López, unha mansión señorial, con grande araucaria no lugar do Valado de Sello, que morreu con 36 anos de idade, deixando viúva e media ducia de fillos na miseria. Poida que os de Prieto, que así se coñecía aos dista desafortunada familia, tiveran que coller o camiño da emigración a Sudamérica que naqueles anos viña sendo o destino de moitos dos nosos paisanos.

A partir dos datos que temos da parroquia de Sello, poida que unha das que mais sufriron o contaxio do virus da gripe do 1918, podemos estimar que no municipio lalinense que daquela andaba polos 18.807 habitantes, as vítimas mortais da epidemia non acadou o cento e nos seis concellos da comarca que entón tiña un censo de 62.463 habitantes, o numero de mortes ficaría por debaixo dos 300, sendo dos seis concellos da comarca de Deza o de Carbia (hoxe Vila de Cruces) o mais castigado pola epidemia. En Galicia o impacto da pandemia aínda foi maior ca na nosa comarca, contándose por milleiros as vítimas mortais, e en cada unha das capitais de provincia, andaba o redor do medio milleiro o numero de mortos que deixou aquela tempada vírica. En Europa calculase que a "gripe española" causou mais mortes cas que produciu a I Guerra Mundial que por entón se libraba , contándose por millóns o número de vítimas que causou a que se ten pola pandemia mais devastadora da historia da humanidade.

Sen festas patronais

O investigador lalinense Antonio Vidal Neira nun traballo titulado La peste del 1918 en Lalín refire que esta mortífera peste fixo que imperase o pánico entre os veciños da vila de Lalín, malia que la enfermedad no fue tan mortífera como en las aldeas y ayuntamientos limítrofes, debido sin duda a las oportunas medidas tomadas para contener su propagación, que se concretaron en la aplicación de la medicina y la sensatez del pueblo. Los habitantes de Lalín acordaron suprimir las fiestas cívicas que estaban preparadas en honor a su Patrona, la Santísima Virgen de los Dolores y en su lugar celebraron triduos, novenas y solemnes rogativas, a las que asistía el pueblo en masa con edificante fervor religioso. Aínda que estas concorridas celebracións relixiosas non semellaban aconsellables, foi fundamental a rápida e decidida actuación dos médicos de Lalín, Manuel Brandido, Francisco Rivas, Eduardo Soto, Emilio Fernández e Salvador Madriñán, na toma de urxentes medidas para conter a propagación da epidemia, que secundaron os escasos 900 habitantes que tiña daquela a vila, cumprindo con fidelidade os preceptos médicos, hixienizando as súas vivendas e tomando as medidas precisas para loitar contra a mortal enfermidade. Dise xeito, malia que foron moitos os contaxiados, algúns deles moi graves, só houbo que lamentar tres defuncións na vila de Lalín, cifra moi cativa comparada coas rexistradas nas parroquias do rural lalinense nas que daquela moraba mais do oitenta por cento do censo municipal.

Tamén destaca o amigo Vidal Neira la conducta empleada por el clero, que fiel a su ministerio y dando muestras de su influjo en la sociedad, trabajó noche y día, sacrificando su vida por los enfermos, como el joven párroco de Gres, Sr. Cacheda y el venerable arcipreste de Trasdeza, doctor Méndez, que asistiendo a los pacientes se contagiaron, muriendo como héroes, y otros muchos sufrieron la enfermedad y aún convalecientes, visitaban los hogares de sus feligreses socorriéndolos y consolándolos. Todos los sacerdotes y especialmente el arcipreste de Piloño, Sr. Villar Cotón y al Arcipreste de Deza, Sr. López Castro, han demostrado ser celosísimos y aguerridos luchadores, entregados a auxiliar a sus feligreses.

As autoridades sanitarias da época, facían numerosas recomendacións contra a gripe: Encalar as fachadas de las casas, no concurrir a lugares cerrados donde se aglomeren personas, desinfección de las habitaciones, quemando azufre en ellas, así como permanecer al sol y al aire libre el mayor tiempo posible. Tamén :hacer que los enfermos saliven en escupideras que contengan agua y sulfato de cobre, lavar las manos con jabón y alcohol, hacer vida ordenada, sin abusar de alcoholes ni placeres, y alimentarse cuidadosamente, cousas difíciles de cumprir naqueles tempos de miseria e ignorancia. E para rematar un consello que poida que aínda manteña toda a vixencia: No dejarse dominar por el miedo, que disminuyendo las defensas orgánicas, facilita la infección.

Compartir el artículo

stats