Síguenos en redes sociales:

“A porta aberta” aborda a protección da fauna mariña na costa galega

A emisión de hoxe (TVG, 21.30 h) está adicada á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

“A porta aberta” aborda a protección da fauna mariña na costa galegaProducións Celta

A TVG2 emite hoxe, ás 21.30 horas, unha nova entrega do programa A porta aberta, un espazo de emisión diaria, de luns a venres, realizado por Producións Celta para a canle autonómica. Neste capítulo tomarán a palabra representantes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), unha entidade que ten como fin principal a protección e recuperación da fauna mariña nas nosas costas.

O programa, escrito e dirixido por X. H. Rivadulla Corcón, leva por título “Dialogando cos mamíferos mariños” e contará co testemuño de biólogo e voceiro da coordinadora, Alfredo López, co seu tesoureiro, o tamén biólogo Pablo Covelo, a responsable da unidade móbil da ría de Arousa, Uxía Vázquez, e o veterinario e voluntario da entidade Xavier Pin.

Pulsa para ver más contenido para ti