Personaxes de Cangas · Arquivo de A Cepa
Pedro Pinilla, xogador da elite do fútbol
O futbolista, nado en Vigo pero afincado en Cangas, formou parte da primeira plantilla do Celta de Vigo

Pinilla (segundo pola dereita entre os xogadores sentados), con19 anos en Vigo. Foto Sarabia, en 1912.
Fernando cuñarro pintos/ Rafa Outeiral graña | Cangas
Pedro Martínez Pinilla naceu en Vigo o 15 de xullo de 1893 e morreu na Pedreira o 17 de xaneiro de 1982.
Pinilla foi xogador fundador do R.C. Celta, equipo co que disputou o primeiro partido oficial do club o sete de outubro de 1923 cun resultado dous a cero marcando un dos goles. Pasou despois a xogar no Deportivo da Coruña e no Espanyol de Barcelona. Foi xogador da Selección Española contra Austria no campo de Coia e contra Bélxica compartindo equipo con xogadores tan emblemáticos coma o porteiro Ricardo Zamora ou o coruñés Luís Otero.

Pedro Pinilla, xogador da elite do fútbol
Contaba Pinilla que o motivo principal da súa emigración a Cuba fora unha dura sanción do Comité de Competición despois de que agredise (cun puñazo) a un colexiado durante un partido de Liga. Naquela altura os contratos dos xogadores non permitían cobrar sen xogar así que tivo que buscar traballo na illa caribeña.
Pero, as voltas que dá a vida. Despois de pasar algún tempo, e xa case esquecendo o fútbol español, o destino quixo que se atopase na illa, co árbitro ao que agredira. O reencontro foi do máis cordial e ambos fixeron unha grande amizade, ata o punto que foi o colexiado o que convenceu a Pinilla para que volvese ao fútbol. Faino en México e nos Estados Unidos pero sempre co pensamento no retorno ao país.

Pedro Pinilla, xogador da elite do fútbol
Dúas tempadas na Coruña e volta para Vigo para xogar no Celta daqueles primeiros anos. Agora o seu primeiro encontro foi fronte ó Boavista portugués. A aliñación inicial do Celta foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Torres, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla. O enfrontamento concluíu cun 8-2 a favor do equipo vigués.
O daquela presidente do Alondras, Paganini, cónsul de Italia en Vigo, pídelle a Pinilla que fiche polo equipo como xogador e adestrador ofrecéndolle 400 pesetas que el nunca quixo cobrar. Daquela vivía no final da rúa da Estrela, enfronte á vivenda de Cachiño, nunha casa mariñeira das tradicionais de patín.

Pedro Pinilla, xogador da elite do fútbol
Lembrámolo naquelas tardes de domingo, a finais dos sesenta e principios dos setenta, cando un nutrido grupo de afeccionados do Celta, colliamos o vapor ata Vigo, e logo o tranvía, dende Beiramar ata a avenida da Florida: a Balaídos. Lembro aquelas travesías, sempre con tío Rafael (O Sebo), un dos mais destacados seguidores do Celta no Morrazo, e Cholo (O da Fe), Xoaquín de San Pedro, Modesto (O Mulidán) cos seus fillos, o zapateiro coxo do Outeiro co seu sobriño Casás, o xastre Acuña, o empregado de Massó, sr. Gallego coa súa dona, Luís (O Vespas), o señor Lao (tamén antigo xogador celeste), e outros varios. A travesía facíase moi curta con aqueles faladoiros e sobre todo cando as amenizaba Pinilla coas súas vivencias e anécdotas da súa etapa de futbolista.
Pinilla abriu unha carnicería nun posto do mercado e foi vivir, xa viúvo, á Pedreira á casa dunha sobriña. Os seus derradeiros anos de vida pasounos obrigado a traballar cos máis de setenta anos que tiña, axudando a unhas pescantinas a transportarlle o peixe dende o peirao ata praza. Un final moi inxusto para un home que o foi todo no mundo do fútbol. Un verdadeiro paradoxo cos excesos do fútbol profesional de hoxe en día.

Pedro Pinilla, xogador da elite do fútbol
Pinilla foi un xogador sacrificado e con moita forza de vontade, honrado, veloz con calidade humana e deportiva. Pensaba que nos partidos sempre había que saír a gañar. Figuraba como titular indiscutible formando parte dunha posible Selección Galega de fútbol: Isidro, Luís Otero, Encinas, Pasarín, Queralt, Balbino, Rivera, Moncho Gil, González, Polo e Pinilla. E, na IV Festa do Deporte (1969) organizada polo concello de Cangas foille recoñecida a súa valía outorgándolle o Premio Vella Gloria como mellor deportista.
No ano 1990, sete anos despois do seu falecemento, un grupo de afeccionados celestes fundamos a primeira Peña Celtista que se creou en Cangas. E que bautizamos, como non podía ser doutro xeito, co nome de Peña Celtista Pedro Pinilla.
Pedro Martínez é como un espello para todos nós, os deportistas do Morrazo. Vaian estas liñas como homenaxe e lembranza a este veciño de Cangas e ao gran xogador da elite do fútbol: Pinilla.
*Membro de A Cepa e antigo futbolista e exentrenador do Alondras
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría
- Un grande y profundo socavón preside el paseo del frente marítimo de Cangas
- Un detector de humos evita que una casa arda en Bueu
- Trabajar a 50 metros de altura en la Autovía do Morrazo