Síguenos en redes sociales:

Os nenos galegos do Bierzo

Un cento de alumnos de centros educativos de León pasaron o día en Moaña

Os nenos galegos do BierzoG. Núñez

Os nenos do Bierzo que estes días visitan Galicia seguen o programa de fomento do galego no exterior posto en marcha fai uns anos grazas ó convenio entre a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Junta de Castela e León. Os nenos xa reciben algunhas clases en galego dende fai anos, pero o intercambio que fixeron estes días foi o primeiro e de seguro que non será o derradeiro. Xoán Carlos Domínguez, técnico de Política Lingüística, é o coordinador desta visita, que empezou o luns na Coruña e remata mañan sábado en Lugo. Domínguez recoñece que estos nenos pertencen a outra comunidade pero teñen o galego como a sua lingua oficial. De ahí o importante, dí, deste primer viaxe de intercambio para que coñezan e pongan o seus pes na terra propiamente galega.

Cos nenos viaxan dez mestres. Mónica Anido, galega, é mestre no centro San Lorenzo de Brindis, en Vilafranca do Bierzo. Imparte clases de Primaria e no seu caso di que o galego o falan na clase de plástica: “Os nenos están feitos a escoitalo”, repite a mestre: “Non é que se estudie como lengua extranxeira, senon como propia do Bierzo”.

A excursión chegou onte a Moaña en barco dende Vigo. Non importou que na travesía lles caera un importante chaparrón e algún deles, quiseron seguir na bañera do barco “encantados” de poder disfrutar coa choiva. Xa na vila, os nenos visitaron a praza de abastos, o clube de remo de Tirán e acudiron ó Concello onde o rexidor Xosé Manuel Millán ofreceulles unha recepción. Non e de extrañar a tan calurosa acollida que tiveron os alumnos en Moaña, un concello que ten vínculos de hermanamiento cos “falantes” de San Martín de Trevello, en Extremadura.

Pulsa para ver más contenido para ti