Un mariñeiro sae ileso tras arder o seu barco mentres faenaba fronte á costa de Muxía
O pesqueiro afundio e o único tripulante chegou a terra a nado
Un mariñeiro saíu onte ileso tras arder o seu pesqueiro mentres faenaba no entorno do cabo Touriñán, en Muxía. O home, único tripulante a bordo, lanzouse á auga e nadou ata chegar a terra. Despois, foi asistido polos voluntarios de Protección Civil da localidade coruñesa, que constataron que se atopaba en perfecto estado de saúde. O barco, de nome Mosiña, ardeu por completo e afundiuse, segundo explicaron fontes de Salvamento Marítimo, que onte aínda descoñecían as causas do accidente.
Varias persoas informaron do suceso ao Centro de Atención a Emerxencias 112 Galicia arredor das 10.00 horas de onte, xa que o lume se vía desde distintos puntos do municipio muxían. Os servizos de emerxencias alertaron a Salvamento Marítimo, que enviou a embarcación Salvamar Altair ata a zona. Os efectivos de Sasemar apagaron o lume do pesqueiro e comprobaron que non había tripulantes a bordo.
Más en Mar
-
El PP enarbola con orgullo la bandera de la Lei do Litoral
-
La pesca gallega irrumpe en la acuicultura con granjas propias para blindar su futuro
-
Un monstruo viene a vernos a Galicia arrastrado por el cambio climático
-
Los nuevos patrulleros de la Agencia Europea de Pesca disparan la eficacia de sus casi 45.000 inspecciones