Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O conselleiro Román Rodríguez e a presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito, na sinatura do convenio.

Os dereitos da infancia nas aulas

Unicef e Consellería cooperan na difusión e promoción destes dereitos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito Cociña, asinaron hoxe un convenio de colaboración ao abeiro do que ambas as entidades colaborarán na difusión nos centros de ensino dos dereitos da infancia e da cidadanía en xeral. Unha vez formalizado o convenio, a Consellería incluirá no portal educativo (http://www.edu.xunta.es/portal/) un enlace desde o que se poderá acceder directamente á información relacionada con dereitos dos nenos e nenas e da cidadanía global no web de UNICEF. Así mesmo, Educación fomentará a celebración dentro do calendario escolar do ´Día Universal da Infancia´ o 20 de novembro. Tamén se incluirán estas materias no proxecto educativo dos centros.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.