Novo Ano Pontevedra
Anuario Pontevedra 2024
Os premios Feroz chegan á Boa Vila
O Recinto Ferial prepárase para a gran gala do 25 de xaneiro. / Gustavo Santos
¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
M. González
No pasado mes de maio chegaba a nova... Pontevedra acollerá o 25 de xaneiro de 2025 e en 2026 a gala dos premios Feroz que entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos de España para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano, tanto en cine como en televisión.
Este acordo entre a AICE e o Concello de Pontevedra non se limita á gala dos Feroz, senón que pon o acento no desenvolvemento dunha ampla programación previa que xa se ven levando a cabo desde o outono, e que convoca na cidade a algúns dos principais creadores do cine e as series españolas.