Silleda continúa coa súa maratón gastronómica

Hoxe remata o prazo para retirar as invitacións da vixésima edición da Festa da Paella en Cortegada, que será este sábado 30 de xullo

Elaboración da paella xigante e comensais na derradeira edición da cita gastronómica, que tivo lugar en 2019. / BERNABE/ANA AGRA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Moncho González

Silleda

Silleda pode presumir de ser un dos concellos con máis festas gastronómicas, concentradas éstas principalmente nos meses de verán.

Se o pasado 8 de xullo, a capital trasdezá acollía a Festa do Lacón, esta fin de semana será a quenda da parroquia de Cortegada, que acolle a vixésima edición da sua cita gastronómica, a Festa da Paella. Será este sábado, 30 de xullo, na carpa instalada para a ocasión, e agárdase a chegada de dous milleiros de comensais. Sen tempo para facer a dixestión, a vindeira fin de semana tocaralle á Tortilla de Laro, e poucas semanas despois á Empanada da Bandeira, completando así o póker gastronómico do verán en Trasdeza.

Pero voltando a esta fin de semana, o menú da Paella estará composto de pan, viño, refrescos, queixo con marmelo, café e augardente, e por suposto, paella con cazola conmemorativa desta XX edición de agasallo, e terá un custe de 13 euros -inclúe tamén o sitio reservado con mesa e cadeira-. O prazo para retirar as invitacións finaliza hoxe, e están dispoñibles en Silleda nos establecementos Bodegón Os Toneles, Bodegón Esther, Agroservicios Alberto, Panadería Mella de Cortegada, e Carnicería Varela en Lalín. Ao rematar a cea, haberá verbena amenizada pola orquestra Tango e o grupo Fusión. Tamén está dispoñible o teléfono 686650371 para aclarar calquera dúbida, así como a súa web.

Silleda pode presumir de ser un dos concellos con máis festas gastronómicas / BERNABE/ANA AGRA

Na xornada do domingo, e dentro do marco das festas patronais na honra de Santa María, celebrarase a misa solemne ás 13.00 horas, cantada polo coro de Cortegada, e sesión Vermú será amenizada polo grupo de gaitas O Son da Fervenza. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá festa infantil.

Pulsa para ver más contenido para ti

Dende a Asociación Socio Cultural de Cortegada, organizadores do evento, queren manifestar públicamente o agradecemento pola axuda recibida por parte dos patrocinadores do evento, e especialmente a chegada dende o Concello de Silleda

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar