Ensino e convivencia: igualdade e creatividade no Monte Carrasco
O centro de Cangas fai fincapé na diversidade, na recuperación das tradicións, na dinamización lingüística e, especialmente, a axuda entre iguais
PISTAS DE PORTIVAS E XMNAXIO CON MURAL REALIZADO POLO ALUMNADO DE EPVA DE 4º ESO 1 (003) / Cedida
O IES Monte Carrasco é o único centro do concello de Cangas que imparte de xeito exclusivo a Educación Secundaria Obrigatoria, deseñando todos os anos unha programación na que se fai fincapé na atención á diversidade.
O centro está integrado no programa E-Dixgal dende o ano 2017, polo que, todo o alumnado dispón dun ordenador portátil para o seu uso didáctico individualizado.
Tamén conta con Seccións Bilingües en língua inglesa, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, nos cursos 1º, 3º e 4º de ESO.
As instalacións inclúen unha aula específica de Plástica e outra de Música, onde tamén se atopa a radio escolar, un taller de Tecnoloxía, un laboratorio de Ciencias Naturais (Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química), un pavillón e diversas aulas de apoio multimedia.
Axuda entre iguais
O alumnado do centro participa nun programa de Axuda entre Iguais, na modalidade de Alumnado Axudante. Este programa ten por finalidade formar equipos de alumnos e alumnas, especializados na detección precoz, na xestión de conflitos de forma pacífica e na mellora da convivencia, baseándose na idea de que o alumnado coñece mellor as relacións que se dan entre iguais e, ao ser membros activos da resolución de conflictos, aprenden valores e actitudes de cidadanía activa.
RELOXODE SOL ENTRADA PRNCIPAL / Cedida
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, en colaboración co Departamento de Música e a Biblioteca, segue a desenvolver a nosa Radio Labirinto, con implicación do alumnado e profesorado.
Todos os cursos colabora coa redacción da revista escolar “A Gaivota”, que se converte en crónica activa do instituto, coa participación de toda a comunidade educativa.
A importancia da Biblioteca
A Biblioteca é un espazo con moita actividade uno que se organizan encont-ros, roteiros literarios, concursos de relato e poesía ... Conta cun Club de lectura de alumnos e alumnas.
Este curso, por primeira vez, en resposta as inquedanzas e á diversidade de intereses do noso alumnado puxo en marcha ademais un Club de Lectura “Manga”, que tivo moi boa acollida.
Pero tamén hai espazo para o resto da comunidade, no Club de lectura de adultos, que este curso contou coa presenza de Anna R. Figueiredo, coa lectura da sua novela Os bicos feridos, gañadora do premio Viaductos de Novela en 2018.
O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización Lingüística organizan diferentes actos ao longo do curso, onde son protagonistas valores como a paz ou a loita contra a violencia de xénero, pero tamén á diversidade.
BIBLIOTECA / Cedida
Atenden tamén á recuperación de festas tradicionais: concurso de cabazas no Samaín, concurso de murgas e disfraces no Entroido, elaboración de Maios... etc.
O centro promove o desenvolvemento das aptitudes artísticas ofertando a materia de libre configuración “Obradoiro de Plástica e Audiovisual” en 2º de ESO.
Ademais, a aula de música convertese en aula de ensaios nos tempos de lecer e se potencian as actuacións musicais e artísticas nas diferentes celebracións do centro e a organización dos festivais ao longo do curso.