Barro volve a brindar
A XLIII Festa do Viño celébrase dende hoxe ata o vindeiro domingo 19, e conta cun programa cheo de actividades para todos os públicos
Público asistente nunha edición anterior. / RAFA VAZQUEZ
M.González
O Concello de Barro recupera un dos eventos máis importantes da vila, a Festa do Viño, que acada desta volta a súa 43 edición. Durante catro xornadas, os asistentes poderán disfrutar dunha morea de actividades programadas para a ocasión.
Para a xornada de hoxe, a partir das 17.00 horas, está prevista a celebración da Festa Infantil para os máis cativos. De seguido, ás 19.30 horas, celebrarase o Trofeo de fútbol Festa do Viño, mentres que a partir das 20.00 actuarán os grupos Uxía Lambona e a Banda Molona, e Galifunk.
Hoxe está programada uhna Festa Infantil, a partir das 17.00 horas. / GUSTAVO SANTOS
Mañá voltará o Trofeo de fútbol Festa do Viño a partir das 18.30 horas, para dar paso a actuación do grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Ás 21.00 horas inaugurase o XV Certame de Viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, e procederase á lectura do pregón a cargo de Johnny Güimil. A nota musical virá da man de Son das Tabernas, e a verbena da noite estará amenizada polas orquestras Marbella e Los Satélites.
O sábado seguirá o Trofeo de fútbol Festa do Viño, ás 12.00 horas. Xa pola tardiña, os asistentes poderán disfrutar, dende as 20.00 horas, do concerto da Coral Polifónica de Barro, Calcafoles do Lérez e do grupo de pandeiretas Peñaflor. A partir de las 22.30 horas dará comezo a verbena coas orquestras Finisterre e Metrópolis.
O certame recupera o seu formato habitual, e con él, a sardiñada popular do domingo. / RAFA VAZQUEZ
Para rematar a edición deste ano, o domingo 19 ás 12.00 horas comezará a VIII Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas. Pero antes, ás 10.30 horas terán lugar as catas de viños albariños Rías Baixas e caseiros. A charanga Alambique amenizará a xornada dende as 11.30 horas, e ás 12.00 haberá a tradicional sardiñada, onde non faltará o viño. A entrega de premios terá lugar ás 13.30 horas, no patio do Pazo da Crega, e ás 15.00 horas comezará o Xantar da Festa do Viño. Como broche de ouro, ás 20.00 horas será o concerto “As Nosas Voces” con Ana Angueira, Jorge Menéndez, Ana Iglesias, Johnny Güimil, Robert Beade e la Banda Xuvenil de Barro. De seguido, como peche, será a quenda de Milladoiro.