O Concello de Mos recibiu aos 9 nenos e nenas saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz con familias da localidade. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Salca, Salaca, Mulay, Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos. Foron recibidos pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da corpoción municipal. Despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, Vacacións en Paz, debido a pandemia; por fin se retoma e os nenos e nenas saharauis puideron vir este ano a pasar os meses de verán a Galicia, entre outros puntos, a Mos. Os cativos asentados en Mos durante o verán poden gozar do Campamento Municipal Infantil “Mañás de Verán” así como saídas á piscina ao aire libre de San Eleuterio, entre outras iniciativas organizadas polo Concello.