dinamización
O Concello de Salceda estrea marca comercial
Tenta converterse nunha referencia para dar visibilidade a tódolos negocios da vila

Representantes municipais e do comercio salcedense. | // D. P. / l. c.
l. c.
O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda. Nela aglutínase o tecido económico da vila e forma parte do proxecto de dinamización da actividade local no que se traballa dende o consistorio. Búscase fomentar o consumo local, para reiniciar a vida social e económica de Salceda, despois das consecuencias da pandemia.
Trátase dunha iniciativa que impulsa o Concello e que conta coa colaboración das asociacións de comerciantes da vila e dos titulares do postos da praza de abastos.
“Con Salceda” ten como finalidade converterse nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería, o mercado municipal e a praza de abastos. Unha marca comercial que identifica Salceda a través de valores implícitos como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”.
Tendo en conta que o comercio e a hostalaría son a principal fonte dinamizadora e económica dun pobo, dende o Concello creen que a administración debe apostar por proxectos de apoio a estes sectores como medida de reactivación económica.
A iniciativa terá visibilidade a través de redes sociais, publicidade en medios, organización de actividades de dinamización e outras accións que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores
Treinta años y en plena forma

Vilagarcía celebra su I Ruta de Tapas

Vilagarcía festeja al ritmo de la música

Vilagarcía da comienzo a las fiestas con Santa Rita

Santa Rita también celebra el deporte
