Olga Novo, Óliver Laxe e Kukas, entre os laureados nos Premios da Crítica
Alfonso Costa, Margarita Viso, Bieito Alonso, a Festa do Marisco e o portal GCiencia, os restantes galardoados
O canto de Olga Novo á maternidade e á unión cos antergos, especialmente co seu pai, baixo o poemario “Feliz idade” (Kalandraka) vén de sumar un novo premio tralos Nacional de Poesía do Ministerio, o Premio Nacional da Crítica Española no apartado de poesía galega e o galardón da Gala do Libro Galego 2020. Trátase da distinción á mellor Creación Literaria dos Premios da Crítica de Galicia que se deron a coñecer onte por Bieito Ledo e Manuel Bragado resaltando o parecer do xurado que salientou “a forza lírica” deste libro que converte “as vivencias persoais nun feito poético universal”.
Como lema, elixiron este ano unha cita de Carvalho Calero, “A nosa fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir” para recoñece-la excelencia dos mellores traballos da cultura e da ciencia en Galicia durante opasado 2019.
Outro dos premios que se deu a coñecer foi o de Investigación que recaeu en “Anarquistas galegos en América”, de Bieito Alonso, editado pola editorial Galaxia, pola súa “lucidez historiográfica” á hora de relatar ese episodio da diáspora galega.
O galardón para as Iniciativas Culturais e Científicas foi para GCiencia.Portal da Ciencia Galega, dos xornalistas vigueses Eduardo Rolland e Pablo López, que logra un tráfico de cinco millóns de páxinas vistas ó mes. O xurado resaltou a súa achega á normalización do galego na ciencia e na internet.
No eido da música, Margarita Viso acadou a distinción do xurado, no que participou a xornalista de FARO DE VIGO Selina Otero. De Viso, destacaron “a súa longa e fecunda traxectoria como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música”.
Pola súa parte, Alfonso Costa fíxose co premio de Artes Plásticas polo extraordinario traballo creativa durante cincuenta anos deste autor que ten amosado obra en Alemania convidado polo Parlamento bávaro.
Na sección de Artes Escénicas , os Monicreques de Kukas, a compañía pioneira en Galicia desta modalidade teatral, foi recoñecia co galardón por xerar un universo propio e a súa artesanía na construción de marionetas.
O filme “O que arde”, de Óliver Laxe, foi o premiado en Cine e Artes Audiovisuais por ir á procura da emoción sen deixar de ser un emblema dun momento histórico do cinema galego.
O premio da Cultura Gastronómica, finalmente, recaeu na Festa do Marisco do Grove, unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras do país.
A organización dá as grazas dos patrocinadores do evento, entre os que figuran o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, así como dos colaboradores: Afundacón e Sargadelos, esta última firma é a encargada da creación dos premios cerámicos que se entregan ós gañadores.
Temas
Más en Sociedad
-
Una experta advierte de la estafa de los códigos QR: las señalas que te indican que pueden ser un engaño
-
Cita con Angie Bru, la doctora que vino a España y se "fugó" a Alemania: "Un médico feliz, que gana más, es un paciente feliz"
-
Las críticas contra el volumen de la princesa Leonor, Muguruza o Lauren Fryer evidencian el machismo tras las gordofobia
-
Mascaraque: “Las emociones tienen que atravesarte, si no terminan arrollándote”