"Ribeiras de salitre" achegarase ao histórico porto de Muros, con 180 socios
Traballan en vacas do arrastre, artes menores, marisqueo e as bateas
O espazo "Ribeiras de salitre" da Televisión de Galicia (TVG) visitará hoxe a localidade coruñesa de Muros, un porto histórico no mar dos galegos, onde o futuro se abre camiño entre as ondas do seu mar e o traballo teimoso das súas xentes. A súa confraría conta con 180 socios que traballan en vacas do arrastre,artes menores, marisqueo e tamén nunha importante frota bateeira, sendo a xarda, o linguado, o rapante, o berberecho, a ameixa e o ameixón os recursos máis destacados. O equipo do programa comezará a xornada acompañando a Mari Carmen Lestón no seu traballo de peixeira ambulante e falando coa mariscadora Adela Lestón, que non imaxina outro traballo que lle poida dar máis satisfacción.
En Muros collen ameixa e ameixón, un molusco que escasea en toda Galicia, pero que alí conta cunha boa colleita cada ano. Neste porto tamén se pode atopar o que din que é o marisco máis caro do mundo, a orella de mar.
Temas
Más en Sociedad
-
Detenido un hombre por la muerte de una mujer de 74 años en Jaén
-
Sorteo Bonoloto del miércoles 8 de mayo de 2024
-
El boxeador Antonio Barrul, denunciado por el hombre que agredió presuntamente a su pareja e hija en un cine
-
No fue 'El Cabra' quien asesinó con su narcolancha a los guardias de Barbate, según un nuevo informe policial