Esta exposición recompila unha ampla selección das personalidades máis destacadas e tamén dos personaxes máis dispares que visitaron ou pasaron por Vigo ao longo da súa historia.
Vigo, porta do mundo: a Batalla de Rande e os repatriados de Cuba
Esta exposición recompila unha ampla selección das personalidades máis destacadas e tamén dos personaxes máis dispares que visitaron ou pasaron por Vigo ao longo da súa historia.
O afundimento da frota de Indias (1702)
Os galeóns españois cargados co maior envío realizado de tesouros procedentes de América foron incendiados e terminaron afundidos en Rande.
O almirante Velasco e Tejada, xefe da frota do Reino de España, deu a drástica orde para evitar que o seu prezado cargamento fora caer en mans da potente armada anglo-holandesa, que mandaba o almirante George Rooke.
O afundimento da frota de Indias (1702)
Desde aquel aciago día 23 de outubro de 1702, os tesouros de Rande convertéronse no obxecto do desexo de incontables exploradores e aventureiros.
O afundimento da frota de Indias (1702)
Os resultados obtidos por buscadores de tesouros de distintos países parece que case nunca satisfixeron as expectativas espertadas. Con todo, a súa lenda permaneceu viva moito tempo, rodeada por un halo de misterio intanxible.
Buscadores de tesouros de Rande
Avelino Rodríguez Elías, cronista oficial de Vigo, documentou ata vinte e unha solicitudes de permisos para buscar os tesouros de Rande entre 1720 e 1934
Buscadores de tesouros de Rande
Sjöjen (sueco), 1720 / Juan A. Rivero (español), 1732 / Evans e Gouber (inglés e francés) ? / Bernardino Freyre (español), 1776 / Duckson (inglés), 1825 / Pérez da Riva (español), 1842 / David Langlands (inglés) 1858 / Barthe (francés) 1869 / “Vigo Salvage Company) (inglesa) 1878 / Barthe-Magen (franceses) 1875 / Forbin (norteamericano) 1882 / John E. Gower (inglés) 1885 / “The Vigobay Treasure” (ingleses), 1885 / José G. Estéfani (español), 1887 / Jonhson (inglés), 1892 / Conde Predere-Andrieux (franceses), 1889 / José Piñeiro (italiano), 1903 / André Sither (sueco), 1913 / Berfi Luigi (italiano), 1923 / “Sociedade Internacional Piñeiro” (italiana), 1927 / Manuel Moxó e Pablo Billard (españois), 1934.
Buscadores de tesouros de Rande
O norteamericano John Porter e o belga Robert Sténuit protagonizaron a mediados do século XX a última gran exploración para recuperar os tesouros afundidos en Rande. Pero nunca deron noticia dun rescate fidedigno.
Buscadores de tesouros de Rande
Esta exposición recompila unha ampla selección das personalidades máis destacadas e tamén dos personaxes máis dispares que visitaron ou pasaron por Vigo ao longo da súa historia.
“Os barcos da morte” (1898)
Os chamados “barcos da morte”, ateigados de soldados repatriados de Cuba tras a rendición da illa a EEUU, arribaron en Vigo entre finais de 1898 e principios de 1899.
“Os barcos da morte” (1898)
Oito barcos (un fixo dúas viaxes) transportaron uns 12.000 soldados e oficiais, que chegaron nun estado penoso. Moitos expiraron en Vigo; de aí o monumento na súa memoria que Cruz Vermella erixiu no cemiterio de Pereiró.
“Os barcos da morte” (1898)
Os vigueses prestaron moita dedicación ós repatriados e os seus coidados evitaron un maior número de mortos. Esa xenerosidade da cidade foi premiada co título de “Sempre benéfica”, que sumou ao de “Leal e valerosa” pola súa actitude ante as tropas napoleónicas.
“Os barcos da morte” (1898)
Esta exposición recompila unha ampla selección das personalidades máis destacadas e tamén dos personaxes máis dispares que visitaron ou pasaron por Vigo ao longo da súa historia.
Os repatriados da guerra de Cuba
Isla de Luzón, Villaverde, Cheribón, San Francisco e León XIII foron os primeiros barcos que nun prazo de só dous meses atracaron no porto de Vigo.
Os repatriados da guerra de Cuba
A bordo do León XIII viaxou o xeneral José Teral, quen asumiu o penoso transo de asinar a rendición de Santiago de Cuba ás tropas norteamericanas. Por esa razón foi moi criticado e mesmo xulgado por covardía, pero finalmente resultou absolto.
Os repatriados da guerra de Cuba
O Goberno excluíu logo a Vigo como porto de chegada por consideralo inapropiado para os retornados enfermos. Tras as protestas dos vigueses, reconsiderou a súa postura e viñeron outros tres barcos: “Porto Rico”, “Montevideo” e de novo “León XIII”, este último con soldados de Filipinas.