Marín recoñece o labor das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar na campaña polo 8 de Marzo
En Marín, hay 60 persoas traballando neste servizo público, das cales 59 son mulleres, que realizan 5.000 horas ao mes e chegan a 90 fogares
«É o momento de visibilizar e dignificar unha profesión básica, onde os coidados son o centro»
A programación inclúe actividades en centros educativos, un obradoiro de burnout para as traballadoras e a celebración do acto institucional, onde se proxectará un documental con testemuñas reais

Profesional SAF cunha persoa dependiente. / Concello de Marín
No marco do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Marín conmemora un ano máis esta data cunha programación especial arredor do 8 de marzo, destinada a reivindicar a igualdade e a poñer en valor o papel das mulleres na sociedade. Nesta ocasión, o Concello quixo dedicar a xornada ás profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un gremio moi feminizado que realiza un labor esencial na atención de persoas con diferentes graos de dependencia.

8M Marín 2026. / Concello de Marín
Para visibilizar este labor e continuar avanzando na concienciación social arredor da igualdade, Marín conta cunha programación de actividades de carácter divulgativo, educativo e institucional dirixidas á veciñanza e á comunidade educativa. Estas iniciativas comezaron xa a finais do mes de febreiro e continuarán desenvolvéndose ao longo do mes de marzo arredor da conmemoración do 8M.
Un servizo esencial e feminizado
Seguindo a tradición de dedicar cada 8M a un gremio profesional, esta edición Marín pon o foco nas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un colectivo fundamental para o benestar da comunidade baixo o lema: «SAF, os coidados que melloran vidas».
«O SAF constitúe un dos piares silenciosos do benestar nos municipios, permitindo que persoas maiores ou dependentes conten cos coidados que precisan no seu propio fogar, onde están as súas pertenzas, vivencias, recordos…», explicou a alcaldesa, María Ramallo.
En Marín, no que acaba de renovarse o contrato, convertíndose nun dos dous de máis inversión municipal, o servizo conta con 60 persoas traballadoras, das cales 59 son mulleres. Actualmente, este equipo chega a 90 fogares da vila, prestando de xeito gratuíto 5.000 horas ao mes.
«O traballo destas profesionais vai máis alá do técnico, esixindo unha gran sensibilidade e compromiso ético ao desenvolverse no espazo máis íntimo das persoas», aseguran desde o Concello, polo que «neste 8 de marzo tiñámolo claro: tiñamos que visibilizar e reivindicar unha profesión esencial».
Son, como reza a campaña, «coidados que melloran vidas», grazas a traballadoras que teñen que lidiar con situacións difíciles e esixentes a nivel físico e emocional, con horarios inestables, desprazamentos entre domicilios, entre outras.
Programación e recoñecemento
A programación organizada polo Concello de Marín con motivo do 8M inclúe diferentes actividades destinadas a sensibilizar á cidadanía, especialmente á comunidade educativa, e a recoñecer o labor das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar.
Unha das iniciativas centrais é a exposición fotográfica «Mans coidadoras», unha mostra que busca dignificar o valor social do coidado profesional. A exposición poderá visitarse no vestíbulo do Concello ata o 6 de marzo e, posteriormente, trasladarase ao Museo Municipal Manuel Torres, onde permanecerá ata o día 8.
No ámbito educativo desenvolveranse varias actividades dirixidas ao alumnado. Por unha banda, dende o 27 de febreiro ata o 10 de marzo estase a levar aos centros de Primaria o obradoiro lúdico-educativo «Un día axudando na casa», unha actividade de 55 minutos de duración que pretende favorecer a comprensión do valor social dos coidados profesionais e da importancia da autonomía persoal. Esta iniciativa desenvolverase nos centros CEIPP Sequelo, CEIP Carballal, CEIP San Narciso, CEIP Seixo, CEIP da Laxe e CEIP de Ardán.

O 8M en Marín está dedicado ás profesionais SAF. / Concello de Marín
Ademais, os días 25 e 26 de marzo realizarase a actividade «Radar: Level Up», dirixida ao alumnado de ESO e Bacharelato. Trátase dunha proposta educativa na que, a través dun percorrido histórico, se analiza a realidade material, política, social, xurídica e económica das mulleres nas diferentes épocas históricas. Nesta actividade participarán o CPR La Inmaculada (25 de marzo) e o IES Mestre Landín (26 de marzo).
O acto institucional polo Día da Muller terá lugar o domingo 8 de marzo ás 12:30 horas na Sala de Actos do Museo Municipal Manuel Torres. Durante o acto realizarase a homenaxe ás mulleres traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, incluirase a lectura da declaración institucional e a proxección dun documental sobre o oficio que recolle os testemuños reais das traballadoras Teresa Edreira, Lila Anaya Becerra e Saida Omar.

a / Concello de Marín
A programación completarase cunha actividade formativa dirixida ás propias profesionais do servizo. O 10 de abril, no Centro de Saúde de Marín, celebrarase un obradoiro de prevención do burnout, organizado co apoio da Contratos do Centro de Saúde, que ofrecerá ferramentas de autocoidado ás traballadoras do SAF ante a gran carga física e emocional que soportan no seu día a día. A sesión desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas e está destinada ás profesionais do servizo no municipio.
Con esta campaña, o Concello de Marín reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero e co recoñecemento dun labor imprescindible que, malia o seu enorme valor social, precisa seguir avanzando en visibilidade e recoñecemento profesional.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El «making of» del bollo de Paradela
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Así lucirán los locales comerciales de la Porta do Sol de Vigo: fachada integrada con el espacio, iluminación ornamental y punto informativo
- Un accidente en los túneles de A Madroa bloquea el acceso a Vigo por la AP-9 y atasca Rande
- Desalojan a 27 personas sin hogar y tapian la antigua nave de Pescanova en Vigo
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»