CÍES, O PARAÍSO DE TODOS
Illas Cíes, "O paraíso de todos"
Regresa o certamen de debuxo e vídeo de Faro de Vigo » Os traballos poden entregarse ‘online’ ou nas oficinas do decano

ACTO DE ENTREGA DE LOS PREMIOS DE LA VII EDICION DEL CONCURSO DE DIBUJO " CIES. O PARAISO DE TODOS ", CELEBRADO EN EL AUDITORIO MAR DE VIGO. ESCOLARES GALARDONADOS Y FAMILIARES DE LOS PREMIADOS POR SUS DIBUJOS / MARTA G. BREA
C. M.
Chega a oitava edición do concurso “Cíes, O paraíso de todos”, o certamen de Debuxo e Vídeo Grupal de Faro de Vigo, onde a creatividade dos máis pequenos ten premio! Este ano está organizado por FARO, o Concello de Vigo e FCC Medio Ambiente.
Podes participar de dúas formas: ou ben de xeito individual, facendo un debuxo e deixando voar a túa imaxinación sobre o papel; ou en grupo, acompañado dos teus amigos e a través dun vídeo. Na parte de debuxo poden participar estudantes de Infantil e Primaria, e nos vídeos tamén os rapaces e rapazas da ESO.
Debes sacar as túas dotes de artista e plasmar na lámina a túa visión das Illas Cíes: as súas paisaxes, os tesouros enterrados, os animais que as habitan e a súa vexetación. Podes descargar as láminas na web, ou recibilas encartadas co xornal do día 28.
Poderán enviarse de xeito electrónico a través dos formularios na web ou ben a través do correo ciesoparaisodetodos@faroimpulsa.es;pero tamén de forma física na oficina de Faro de Vigo de Policarpo Sanz, 22, nas instalacións do xornal en Chapela (Avda. Redondela, 9-Chapela) ou nas delegacións de FARO en Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Lalín, A Estrada, Santiago ou Pontevedra. Se o prefires, podes deixala no teu quiosco habitual ou enviala por correo postal a: “Concurso Cíes, o paraíso de todos”. Apartado de correos 91, 36201, Vigo.
Os vídeos
Os vídeos (de duración máxima de 5 minutos) deben enviarse por e-mail mediante wetransfer, drive ou similar, tamén falando das Illas dende a vosa perspectiva. A admisión dos traballos remata o venres 25 de novembro. En cada categoría individual haberá tres finalistas, e na colectiva un por cada tramo de idade, que FARO publicará no xornal do venres 2 de decembro. A entrega de premios será tamén ese mesmo mes, e será imprescindible asistir para poder recibir o agasallo correspondente. Sorte!
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- «Conducir en Vigo es como jugar al juego del calamar»: el vídeo viral de una mujer cogiendo esta mítica rotonda al revés
- Marián Mouriño: «Siendo niña llevábamos las partes del cerdo para hacer el cocido en México»
- Juicio por presuntos abusos tras una boda en Nigrán: «Sí que te metí mano; qué asco me doy»
- Registros en Ourense y Xinzo en una causa secreta con 4 detenidos y un espectacular despliegue de la Guardia Civil
- La Xunta se abre a extender la caza sin límite del jabalí más allá de este domingo
- Una okupación eterna: «Es inhumano»