VigoCultura sube el telón con 26 funciones para todos los públicos
Teatro, monólogos, danza, música para bebés y un largo etcétera de espectáculos a precios reducidos llenarán el Auditorio de Praza do Rei en octubre y noviembre
¡La fiesta arranca el Príncipe viernes 3 de octubre!
La mayor programación cultural del Concello de Vigo regresa en octubre y noviembre de la mano de VigoCultura 2025. Teatro, monólogos, danza, conciertos, circo, música para bebés... En total, 26 funciones con ofertas culturales para todos los públicos cada fin de semana.
Como de costumbre, VigoCultura comenzará con dos fascinantes espectáculos de calle gratuitos que se celebrarán el 3 y 4 de octubre en la calle Príncipe. A partir de ahí, viernes, sábado y domigno el Auditorio Municipal de Praza do Rei acogerá todas las funciones.
Las entradas de la programación de otoño de VigoCultura 2025, a precios reducidos, salen a la venta el lunes 29 de noviembre.
A continuación puedes consultar un guía completa de todos los espectáculos de Vigo Cultura 2025 ordenados por tipo de público y fecha.
Programa completo de VigoCultura 2025
Espectáculos de calle
La presentación de la temporada de otoño 2025 de VigoCultura será el viernes 3 y el sábado 4 de octubre en la calle Príncipe. Cada jornada se celebrarán dos espectáculos de calle gratuitos. Ambos, para todos los públicos.
Viernes 3 de octubre:
«Pilots»
Espectáculo itinerante no que uns divertidos pilotos chegan co seu orixinal coche a pedais na procura do mellor lugar onde realizar a súa tola carreira de bicicletas excéntricas. No seu camiño atoparán inesperadas situacións que lograrán superar con moitísimo humor, os seus números de acrobacias e malabares e a imprescindible colaboración do público.
- Príncipe / 20.00 h. / Todos los públicos / 60 min.
Sábado 4 de octubre:
«El viaje imposible»
«El viaje imposible», de Pablo Méndes Performance, será el sábado 4 de octubre.
Un artefacto imposible irrompe nas rúas, un vehículo de época saído das entrañas do imaxinario steampunk. A bordo, unha tripulación de excéntricos exploradores, científicos e damas mecánicas convídannos a unha viaxe polo corazón dos soños imposibles. Inspirado nas obras de Julio Verne e cunha estética steampunk desbordante de detalles, este pasarrúas fusiona teatro físico, circo, danza, e animación itinerante nunha experiencia visual e sensorial única de Pablo Méndez Performance.
- Príncipe / 20 h. / Todos los públicos / 60-90 min.
Público Adulto
Viernes, 10 de octubre
«Música para hitler»
Pau Casals viuse forzado a exiliarse no sur de Francia tras a Guerra Civil Española. Con todos os seus recursos e moito empeño dedicouse a axudar a miles de compatriotas amoreados nos campos de traballo próximos. No ano 1943, baixo a ocupación nazi, o xenio da música recibiu unha inquietante invitación para tocar diante o Führer. Casals sabía que negarse a facelo podería carrexarlle terribles consecuencias. Estes dramáticos feitos son os que inspiraron aos autores para escribir «Música para Hitler», un texto emocionante que recrea a personalidade dun dos maiores artistas do século XX.
- 20 h. / Castellano / +14 años / 80 min. / 12 €
Ficha de «Música para Hitler» de VigoCultura.
Sábado, 11 de octubre
«Miss Bujía»
Unha experta en Arte Barroca fálanos das verdades ocultas detrás de famosas pinturas protagonizadas por mulleres. Ela está decidida a liberalas do marco que as encerra. Na súa adolescencia diagnosticáronlle unha enfermidade mental e desde entón trata de vivir con iso. Falar do tema avergóñalle, teme sentirse rexeitada. Nesta procura da liberación necesita cómplices. Para iso fai un percorrido pola súa vida a través duns cadros concretos que serán unha especie de mapa vital. O seu obxectivo é poder cumprir con éxito a promesa que se fixo hai moitos anos. Hoxe é o seu primeiro día de traballo no museo. Chegou o momento de executar o plan.
- 20 h. / Castellano / +15 años / 60 min. / 8 €
Ficha de «Miss Bujía» de VigoCultura 2025
Viernes, 17 de octubre
«El Monstruo de White Roses»
Estou aquí! Axuda!", foi o berro que espertou o tranquilo barrio de White Roses, en Ohio, unha mañá de abril. Martin Risk, o veciño que escoitou aqueles berros, comezou a buscar ata atopar de onde procedían. Martin non daba crédito ao que vían os seus ollos: aquela moza era Emily, a adolescente secuestrada case un ano atrás. Harry Coleman, un zapateiro coñecido en todo o barrio como un home esquivo pero tranquilo, sometéraa a toda clase de abusos, torturas e violacións no soto da súa casa. Harry pasou á Historia de América como o Monstro de White Roses. O caso da desaparición de Emily Dawson deu a volta ao mundo e estivo presente día tras día nos noticiarios e xornais, inaugurando a que se coñecería como a "década das desaparicións".
- 20 h. / Castellano / Adulto / 70 min. / 8 €
Ficha de «El Monstruo de White Roses» de VigoCultura 2025
Sábado, 18 de octubre
«Éche unha risa!»
Eche unha risa! é un espectáculo de monólogos presentado por Rafa Durán, que introduce a tres cómicos cun estilo persoal e unha visión única do humor: Arantxa Treus, Jazmín Abuín e Darío mares. Un espectáculo fresco, divertido e diverso, que mestura stand-up clásico, retranca galega e historias persoais co obxectivo de provocar unha boa risa colectiva.
- 20 h. / Castellano y gallego / +16 años / 75 min. / 10 €
Ficha de «Éche unha risa!» de VigoCultura 2025
Sábado, 25 de octubre
«Guerra»
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución. Guerra é unha traxedia ao estilo shakespeariano, é dicir, unha traxedia aderezada de comedia e ironía para dulcificar as arestas tráxicas.
- 20 h. / Galego / +16 años / 100 min. / 10 €
Ficha de «Guerra» e VigoCultura 2025
Viernes, 31 de octubre
«Las preciosas ridículas»
Magdelón e Cathos chegan a París coa esperanza de atopar amor e sofisticación. Non obstante, a súa obsesión pola moda, a aparencia e a linguaxe afectada lévaas a comportarse de maneira ridícula e superficial. Chamándose a si mesmas "as preciosas", cren estar no cumio da elegancia e esixen constante admiración. O seu tío Gorgibus tenta atoparlles maridos axeitados, e os pretendentes La Grange e Du Croisy están dispostos a cortexalas, pero descobren a súa vacuidade. Idean entón un plan. A comedia critica a afectación, a vaidade e a obsesiva busca de estatus social, destacando a falta de autenticidade na sociedade da época.
- 20 h. / Castellano / +14 años / 70 min. / 8 €
Ficha de «Las preciosas ridículas» de VigoCultura 2025.
Sábado, 1 de noviembre
«Nevenka»
En 2001 e por primeira vez na historia de España unha muller gañou un xuízo por acoso sexual a un político. Nevenka Fernández sentou por primeira vez a un alcalde no banco dos acusados converténdose no primeiro caso de #MeToo nun país que lle deu a razón nos tribunais pero que a estigmatizou publicamente. Hoxe este caso devólvenos a imaxe do que fomos para sinalar os avances, pero tamén as feridas. Hoxe “Nevenka” segue sendo ese espello no que se miran as mulleres que a precederon e que a seguiron; un reflexo dunha sociedade que cambiou ou, quizais, non tanto.
- 20 h. / Castellano / Adulto / 70 min. / 10 €
Ficha de «Nevenka» de VigoCultura 2025
Sábado, 8 de noviembre
«Xoguetes rotos»
Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70, buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran, e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín.
- 20 h. / Galego / +14 años / 70 min. / 8 €
Ficha de «Xoguetes rotos» de VigoCultura 2025
Viernes, 14 de noviembre
«Cicatriz»
CICATRIZ é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de non acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia.
- 20 h. / Galego / Adulto / 50 min. / 10 €
Ficha de «Cicatriz» de VigoCultura 2025
Viernes, 21 de noviembre
«O espírito de Vania»
Un actor e un músico entran nun espazo en ruínas. Os espíritos dos personaxes do Tio Vania de Chekhov habitan o corpo do actor para contar a súa historia, intentando entender o que aconteceu naquel lugar, unha vella casa galega onde a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo. Un afondamento na capacidade de resistencia do ser humano e na súa desconexión coa terra e a natureza. Unha proposta intimista con música en directo na que conviven o tráxico e o cómico e onde cada elemento da escena ten vida propia.
- 20 h. / Galego / + 14 años / 85 min. / 8 €
Ficha de «O espírito de Vania» de VigoCultura 2025
Sábado, 22 de noviembre
«Sophie non é o meu nome de guerra»
Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña. A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizais en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.
- 20 h. / Galego / + 16 años / 85 min. / 8 €
Ficha de «Sophie non é o meu nome de guerra» de VigoCultura 2025
Viernes, 28 de noviembre
«Un deus salvaxe»
Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e analiza, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.
- 20 h. / Galego / Adulto / 70 min. / 8 €
Ficha de «Un deus salvaxe» de VigoCultura 2025
Sábado, 29 de noviembre
«A Metamorfose»
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia intenta comunicarse con el, pero todos os seus intentos son inútiles.
- 20 h. / Galego / + 14 años / 65 min. / 8 €
Ficha de «Metamorfose» de VigoCultura 2025
Todos los Públicos
Viernes, 24 de octubre
«Trash»
Trash! é un espectáculo vital e enerxético sobre as posibilidades da reciclaxe a través da percusión. Desenvólvese nun centro de reciclaxe de lixo, onde 4 imaxinativos operarios dan novos usos a todo tipo de desfeitos que chegan ao lugar, facéndonos reflexionar sobre o exceso de consumismo da nosa sociedade. Bombonas de butano, paraugas, pelotas, caixas de ferramentas, bucinas, bolsas de lixo... calquera elemento que cae en mans destes operarios son transformados en vistosos números musicais cheos de enxeño e humor.
- 20 h. / Todos lo públicos / 80 min. / 10 €
Ficha de «Trush» de VigoCultura 2025
Sábado, 15 de noviembre
«Camino de las rocas», Pablo Lesuit
A traxectoria de Pablo Lesuite levoulle a tocar en salas e importantes festivais de España, Uruguai, Arxentina, Colombia ou México. Cunha presenza crecente tanto en España como en América Latina, Lesuit traballou e ten colaborado con artistas de renome como Jorge Drexler ou Jenny And The Mexicats. Este 2025, será o ano de lanzamento do novo álbum Camino de las rocas, co que está colleitando unha gran crítica de medios e público en xeral.
- 20 h. / Galego e castelán / Todos lo públicos / 60 min. / 10 €
Ficha del concierto «Camino de las rocas» de Pablo Lesuit en VigoCultura 2025
Público Infantil
Domingo, 5 de octubre
«Bulebule»
A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH). Bulebule é unha fermosa obra de Os Náufragos teatro que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
- 18 h. / Galego / + 4 años / 45 min. / 5 €
Ficha de «Bulebule» de VigoCultura 2025
Domingo, 12 de octubre
«Viaje al planeta de todo es posible»
Oíches falar do planeta de todo é posible? Un planeta pequeno, pero moi importante, é o planeta que se encarga de axudar a que todos os desexos poidan cumprirse. Alma, a protagonista da nosa historia, entrará nel para descubrir de todo o que é capaz, atréveste a acompañala? Todo xira ao redor desta pequena heroína que, sen ela sabelo, ensinaranos a importancia de superar as adversidades.
- 18 h. / Castellano / + 5 años / 60 min. / 5 €
Ficha de «Viaje al planeta de todo es posible» de VigoCultura 2025
Domingo, 19 de octubre
«A cincenta que non quería comer perdices»
Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Esta historia, escrita por Nunilla López Salamero fálanos dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. A cincenta que non quería comer perdices é un conto moderno para nenos/as que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo.
- 18 h. / Galego / + 7 años / 55 min. / 5 €
Ficha de «A cincenta que non quería comer perdices» de VigoCultura 2025
Domingo, 26 de octubre
«O arcón de Noa»
Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece triste e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles. O arcón de Noa é unha historia de fantasía que nos mostra outros mundos posibles e maneiras de chegar a acordos, compartindo espazos co que nos resulta alleo e diferente, para mostrar a idea dun mundo posible máis xusto e igualitario.
- 18 h. / Galego / + 2 años / 40 min. / 5 €
Ficha de «O Arcón de Noa» de VigoCultura 2025
Domingo, 2 de noviembre
«Teatro de papel»
Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de monicreques extraordinarios, o pallaso e o teatro físico, busca reivindicar o poder da Imaxinación. Teatro de papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un mono diálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico. É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo se detén e a poesía danza.
- 18 h. / + 6 años / 45 min. / 5 €
Ficha de «Teatro de papel» de VigoCultura 2025
Domingo, 9 de noviembre
«Momento musical para familias con bebés»
Cando vivimos no interior das nosas nais, a voz materna e paterna son fundamentais para o desenvolvemento auditivo das persoas. Neste cantacontos, reconectamos cos nenos e nenas interiores que temos e afloramos o espírito curioso de querer coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. Trataremos de recuperar esa complicidade a través dos estímulos sonoros e diversas cancións infantís convidando aos acompañantes dos bebés a cantar aprendendo melodías nesta experiencia musical cos seus peques (Aforo superreducido no escenario).
- 12.00, 16.30 e 18.00 h. / Galego / Bebés / 30 min. / 3 €
Ficha de «Movemento musical para familias con bebés» de VigoCultura 2025
Domingo, 16 de noviembre
«Bichitos»
Bichitos é un espectáculo de humor xestual para toda a familia no que, en formato documental teatral, coñeceremos mellor e aprenderemos a respectar e valorar aos nosos pequenos veciños invertebrados. Unha obra de teatro que sorprende polo seu colorido e polo seu ritmo e que, ademais, ensina aos nenos a importancia de coidar o medio ambiente.
- 18.00 h. / Castellano / 6-12 años / 85 min. / 5 €
Ficha de «Bichitos» de VigoCultura 2025
Domingo, 23 de noviembre
«Cuento de Navidad: Encapsulando a Dickens»
A obsesión dunha moza con Cuento de Navidad fixo que desde pequena busque a forma perfecta de contar a historia de Dickens. Unha obsesión nada dunha insólita tradición familiar que iniciou a súa avoa: cada ano un membro da familia compra unha edición diferente do libro que deben ler xusto antes da cea de Noiteboa. A través de maquetas, obxectos e mecanismos; e provista dunha proximidade e un relato íntimo, fainos revivir a noite na que a Scrooge lle cambiou a vida, e colócanos nun presente no que a literatura e a arte teñen o poder de iluminar os nosos días.
- 16.30 e 18.30 h. / Castellano / + 6 años / 40 min. / 3 €
Ficha de «Cuento de Navidad: Encapsulando a Dickens» de VigoCultura 2025
Domingo, 30 de noviembre
«Singularia»
Singularia: De aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir. Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
- 18 h. / Galego / + 6 años / 75 min. / 5 €
Ficha de «Singularia» de VigoCultura 2025
Entradas
Las entradas y los abonos de 5 y 10 espectáculos (incluyen un descuento) estarán a la venta desde el lunes 29 de septiembre en:
- A través de la página web de Giglon (www.giglon.com)
- En la librería Libros para soñar (Triunfo, 1 ): Horario de lunes a viernes, de 10.30 a 13.30 y de 17.00 a 20.00 horas. Sábados, de 10.30 a 13.30.
- En la taquilla del Auditorio Municipal de Vigo (Praza do Rei) el mismo día del espectáculo a partir de una hora antes del comienzo (siempre que hubiera entradas disponibles).
Descuentos para menores de 25 años
El Concello de Vigo, con el objetivo de fomentar la asistencia al teatro de los jóvenes, el público menor de 25 años, podrá beneficiarse de un 30% de descuento en el precio de las entradas para espectáculos de adultos comprándolas con antelación a través de Internet con el código de descuento OTEATROMOLA (en el control de acceso al Auditorio Municipal de Vigo podrá solicitarse la documentación acreditativa de la edad)