Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Orgullo de barrio e memoria na alianza de Rebeliom do Inframundo con Kaze

O grupo galego de rap lanza o seu novo sinxelo, «Balas», en colaboración co rapeiro cartaxenero como antesala do seu novo álbum, «Orgulho»

Nervo, Kaze e Frank Huxley. |  Alberto Lora

Nervo, Kaze e Frank Huxley. | Alberto Lora

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Vigo

Logo de lanzar o pasado mes de decembro o sinxelo «Sube», un primeiro adianto do que será o seu novo disco, «Orgulho», o grupo galego de rap Rebeliom do Inframundo fixo pública onte unha colaboración con pulso afrobeat, cru e combativo en colaboración co rapeiro cartaxenero Kaze. Orgullo de barrio, resistencia e memoria impregnan «Balas» de principio a fin, un tema marcado tanto pola súa potente letra coma pola forza dos ritmos.

Rebeliom do Inframundo presentou este novo sinxelo acompañado dun videoclip de Steel Cora, con imaxes en branco e negro e nas que, segundo explicaron, o rap se presenta como ferramenta de expresión e denuncia, non como apoloxía da violencia. Ao igual que «Sube», «Balas» é a antesala do novo traballo de Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol, quen teñen previsto a saída de «Orgulho» para finais do vindeiro mes de febreiro.

Afincado en Galicia dende hai anos, o rapeiro Kaze súmase nesta colaboración á maneira de entender o mundo de Rebeliom, movéndose entre a rabia e o amor, entre o orgullo e a ferida, pero sempre poñendo no centro a loita da clase traballadora e antifascista, a defensa do idioma e da terra galega, así como a denuncia das inxustizas como é o caso do xenocidio do pobo palestino, entre outras.

Se ben haberá que agardar até febreiro para escoitar o disco completo, Rebeliom do Inframundo xa anunciou os primeiros concertos en salas dentro da xira do seu novo álbum, co que farán paradas en Barcelona, Bilbao ou Madrid. Polo de agora, o 8 de maio en Santiago de Compostela é a única data anunciada en Galicia.

Tracking Pixel Contents