Cristian Silva: «Hai xente no fondo traballando que non sae á superficie»
O profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo publicou este ano o seu disco «Un home tranquilo» | Nel, reflexiona sobre a vida do artista

Cristian Silva, gaiteiro e compositor de Arousa. | Pedro Mina

O gaiteiro o profesor de música tradicional no Conservatorio Profesional de Música de Vigo Cristian Silva foi un dos artistas galegos que sacou novo disco neste ano que remata. «Un home tranquilo» é o título do álbum que presenta dez temas de raíces tradicionais e reviravoltas contemporáneas. O artista fai unha reflexión nel sobre a vida do artista. «Hai xente que se mete no faiado e non sae á superficie; hai xente no fondo que facendo cousas e que non saia á superficie non significa que non as estea facendo», reflexiona nunha entrevista con FARO
A opinión vérquea de xeito especial no tema «Tobogán». «Gústanos meternos nunha montaña rusa; a veces vemos o mar e non sabemos nadar. A xente quédase co inicio do tobogán», reflexiona sobre como a audiencia non é consciente da cantidade de artistas traballando cuxo labor non trascende de continuo inda que si son proxectos de calidade e interese.
Sobre o disco, Silva tamén fala de «Estado de fuga». A historia deste tema lévanos a unha semana antes da pandemia. Ía ser o primeiro sinxelo do que sería un novo disco naquela altura. «Tiña pensado sacar álbum nese ano, no 2020. Menos mal que non o saquei todo. Grazas a esperar, os temas colleron outro peso, outra dimensión», confesa o arousán que gravou e mesturou «Un home tranquilo» en Pontecaldelas (Savik Sound) e Planta Sónica. 2
Apunta o músico que o disco –cuxas cancións compuxo entre 2019 e 2024– hai que escoitalo con atención. «Ten tantas cousas ocultas a nivel simbólico!», sinala.
De aí que lle preguntemos por «Ovelha neghra» e a ausencia da gaita. Responde que é o único tema no que non está presente pero que si leva zanfoña. En canto á letra, indica que «dentro do rabaño branco hai quen decide andar descalzo nos carreiros cheos de silvas. Temos que adaptarnos pero o verdadeiro valor é non encaixar, ser fiel a nós mesmos».
Outro tema que chama a atención é «Lobo estepario» no que volve falar da vida do artista. «Eu son independente, teño esa sorte», comeza a sinalar para proseguir: «Fala das consecuencias da vida do creador. A xente ten unha idea deles. Aproveito para facer unha referencia filosófica a Herman Hesse, que me marcou moitísimo na vida. Quixen falar do machaque contra o artista por seguir facendo música a pesar de todo».
Ao longo das cancións, notamos as colaboracións con outros músicos como o saxo tenor de Xosé Migúelez, a batería de Miguel Lamas ou o baixo eléctrico de Adrián Saavedra, entre outros.
Por último, hai un fío que conecta co anterior disco. «No primeiro, acababa nas augas salgadas dunha das lúas de Saturno e agora remato nas augas de Carril co meu inimigo propio, eu mesmo. Báñome coa miña parte máis malvada no tema que pecha o disco, ‘Baño co Leviatán’».
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo