Balaídos ábrese á danza como entrante cultural do Celta-Barça
Nova Galega de Danza porá en escena sobre o céspede, «Leira», espectáculo premiado cun Max

Escena de «Leira» que se verá en Balaídos mañá. | N. Galega de D.

Todo comezou nunha gala, no Teatro Jofre de Ferrol. Alí, en xuño de 2024, O Real Club Celta recibía o Premio da Cultura Galega 2024 na categoría de Proxección Exterior da Cultura Galega. Alí, nese acto, actuaba Nova Galega de Danza. Xente do Celta fixouse no seu traballo e contactaron a posteri cos bailaríns. O resultado poderán velo os siareiros celestes e azulgranas que se acheguen a Balaídos este domingo. Antes de comezar o partido, a compañía de danza galega que mestura a esencia tradicional co contemporáneo representará e bailará sobre o céspede vigués a súa peza «Leira».
«A obra fala do que somos, quen non tivo un familiar que tivera que traballar a terra coas súas propias mans? Para min, era o máis importante: transmitir e levar ao propio campo o que somos», explica Jaime Pablo Díaz, director de Nova Galega de Danza.
Onte, tras ser anunciada a actuación aos medios, confesaba sentirse feliz e orgulloso polo convite. Non é para menos. «Cando llo dixen, todos se emocionaron moitísimo, por estar nun partido desta categoría», explicaba onte a FARO tralo ensaio.
«Leira» é un dos espectáculos que seguen de xira nesta compañía. Por el, recibiron un dos maiores recoñecementos que se poden lograr en España cunha obra de danza. «Iván Villar –un dos bailaríns que actuará mañá domingo en Balaídos xunto a outros cinco compañeiros– levou o premio Max a mellor bailador a nivel nacional. El era bailarín do mundo tradicional galego así que nós estamos abrindo portas, orgullosos de levar o baile tradicional a outros lugares e de que chegue a sitios que nin contábamos. Eu tamén empecei no baile tradicional», engade o director de Nova Galega.
En canto a posibilidade de unir cultura e fútbol no programa do Celta, resalta que «isto di moito do que fai este clube pola nosa cultura. Xa estiveron Fillas de Cassandra, Mondra, Abraham Cupeiro... Agora vai haber danza. Significa moito polo que fai o Celta».
Respecto ás preferencias futbolísticas de Jaime Pablo Díaz, este ferrolán confesa que se ben non é moi futboleiro está pendente do que fan os equipos galegos. «Que o Celta esta en competición europea é un orgullo como galego», engade. Tras Balaídos actuarán en Canarias e Pamplona.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- Davila 05/12/2025