O filme «Antes de nós» presenta o tráiler oficial
A película de Ángeles Huerta sobre Castelao, con guión de Pepe Coira, estréase o 23 de maio

Unha escena da película «Antes de nós». | FdV
REDACCIÓN
Despois de anunciar a súa estrea para o 23 de maio, Antes de nós, o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, producción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta presentou onte o seu tráiler oficial.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi unha das figuras máis importantes da cultura galega. Estudou Medicina e, aínda que non exercía, nas súas propias verbas, «por amor á humanidade», pasou á historia como escritor, pintor, debuxante e político. Protagonizada por Xoán Fórneas no papel de Castelao e con Cris Iglesias como Virxinia Pereira, Antes de nós é unha longametraxe que nos deixa ver varios momentos de crecemento de Castelao, como artista mais tamén como persoa: coa súa dor, amor, esperanzas e contradicións. Un afastamento do mito para explorar a súa verdadeira esencia. O descubrimento do Castelao máis íntimo.
O filme céntrase en dúas etapas distintas da súa vida. A primeira, a da gripe de 1918 que o obrigou a volver exercer como médico e o colocou en primeira liña de defensa do vulnerable, mais tamén na vangarda da oposición ao poder caciquil. E a segunda, xa no ano 29, na súa viaxe a Bretaña. Tal como sinalou o propio Castelao «Galicia e Bretaña comparten un alma común, un fío invisible tecido pola historia, a paisaxe e a imaxinación popular».
«Antes de nós non é un biopic. Non aspira a relatar a vida completa dun home, e moito menos a glosar a traxectoria dun político. Antes de nós é unha historia sobre Castelao antes de ser Castelao. Porque sen esta parte do relato —que é a menos coñecida—, o Castelao que hoxe coñecemos probablemente nunca tería existido», conta a directora, Ángeles Huerta.
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- La Xunta suspende las clases y Galicia eleva a 3 el nivel de emergencia: cede al gobierno estatal la gestión de la crisis energética
- España, paralizada por un insólito apagón de luz de origen todavía desconocido
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- En directo | El Gobierno pide limitar desplazamientos y un uso responsable de las comunicaciones