Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concerto de rock

A banda coruñesa Océano Eskizo leva a Vigo «o mellor de cada casa»

Formada por membros de bandas icónicas como Radio Océano, Los Eskizos ou Deluxe, actúa o xoves na Fábrica de Chocolate Club

Océano Eskizo, nunha imaxe promocional. |

Océano Eskizo, nunha imaxe promocional. |

R.S.

Vigo

Negan ser un supergrupo, pero Océano Eskizo recoñecen con ironía que son «o mellor de cada casa». O novo proxecto de Johnny Rotring, alter ego musical do xornalista Xosé Manuel Pereiro, líder de Radio Océano, presenta este xoves 26 (21.30 h.) na Fábrica de Chocolate Club, en Vigo, «Demos no soto», con entradas a 8/10 euros e algún invitado sorpresa.

Arredor de Johnny Rotring están varios integrantes dos grupos máis interesantes da escena rock de A Coruña: Pedro Granell (Los Eskizos, Kozmic Muffin); Ricardo Saavedra (The Elephants, Deluxe, Meu); Luis Jarri, batería en Los Eskizos e Bummer; e Beni González-Dans, baixo en Viuda Gómez e Hormigonera. Unha mestura fluída de potencia, ironía e épica oceánica coa forza guitarreira eskizoide e power-pop-punk.

Tracking Pixel Contents