Seitura e Xente Tóxica tinguen de punk e rock a noite deste venres en Patos
As dúas bandas bandas miñoranas darán un especial concerto no Malabar-Pénjamo, ao pé da praia, dende as 22:00

Seitura, nunha actuación ao vivo / Andi Iglesias
Este venres, ás 22:00, o Malabar-Pénjamo na praia de Patos, en Nigrán, acollerá unha cita imprescindible para todos os amantes do punk e o rock galego. Xente Tóxica e Seitura, dúas das bandas máis activas e recoñecidas dentro da escena do Val Miñor, ofrecerán un concerto conxunto único, e será tamén a súa única actuación na comarca este ano. As entradas, a 10 euros, poderán mercarse na porta, que abre ás 21:00.
Desde a súa formación, Xente Tóxica e Seitura construíron unha carreira sólida dentro da escena punk e rock do Val Miñor. Ao longo dos últimos anos, ambas as bandas combinaron a publicación de cancións propias con numerosos directos en salas e festivais, consolidando unha base de seguidores fiel e contribuíndo ao movemento de música en galego.
Xente Tóxica e Seitura destacan pola súa actividade constante e polos directos enerxéticos que combinan intensidade, autenticidade e frescura. Ambos os proxectos consolidáronse como referencias dentro do colectivo punk e rock da comarca, mantendo viva a música en galego e creando conexións directas co público.
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»
- La fiscalía rechaza el recurso del astillero Damen: irá a juicio por saltarse el veto a Rusia
- El Celta no se rinde con Mingueza