O festival Musicav arranca en Vigo
Duke Ellington é a figura homenaxeada no concerto de hoxe do Vitruvia Art Ensemble

O Vitruvia Art Ensemble ao completo con Alberto Conde (2d). | A.C.

O III Festival de Música Clásica y Jazz Musicav –organizado polo local Vitruvia en Vigo– comeza hoxe . Serán cinco concertos. O primeiro, esta tarde a partir das 20.30 horas, no Auditorio de Afundación co Vitruvia Art Ensemble, capitaneado polo músico vigués Alberto Conde.
Trátase do primeiro concerto de presentación desta formación formada por Conde, Kin García (contrabaixo), Miguel Cabana (batería), Hansel Luis (trompeta), André Outumuro (saxo alto), Diego Alonso (saxo tenor) e William Pozo (trombón).
O fío condutor do directo nesta ocasión será a música de Duke Ellington. Subliña Alberto Conde que Ellington foi «un pioneiro» que destacou na composición do jazz americano.
Neste concerto, ofrecerá a banda unha retrospectiva, unha viaxe por diferentes temas de Ellington, con algunha canción doutro compositor pero da época e vencellado a el.
Quixo Conde vertebrar o directo en tres partes. Na primeira, o público que se achegue ao Auditorio Afundación comezará escoitando temas supercoñecidos de Duke Ellington.
Lembra Conde que «Duke tiña un estilomoi marcado, chamado jungle, de xungla. Fíxoo famoso cando empezou a traballar no Cotton Club onde triunfou nos anos 20 do pasado século».
Desa primeira etapa, o ensemble tocará por exemplo «Mood indigo». A música irá acompañada do recital dun poeta e da mostra de imaxes en diapositivas.
Tamén incluirán «Caravan», un standard do jazz de Duke e o portorriqueño Juan Tizol (trombón) que tocaron por primeira vez nos anos 30. Recoñece Alberto Conde que «para este tema fixen uns arranxos co fin de adaptalo á nosa cultura galega ao estilo do muiñeira jazz», do que Alberto é precursor e impulsor.
Haberá tamén momentos para balada, outros éxitos dos anos 50 como «Take the A train»ou «I don´t mean a thing». Ademais da música o público contará coas explicacións e a contextualización das cancións, unha maneira de compartir un saber que axuda a comprender mellor as cancións e o universo de Duke Ellington.
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Lorena, madre de prematuras: «En Vigo tenemos una unidad de neonatología top; sienten a los bebés como propios»
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- Revolución urbana en la Plaza de España: acelerón a los cambios en la puerta de bienvenida a Vigo
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»