Festa da Coca 2025
Festa da Coca de Redondela: programación completa da fin de semana
As alfombras florais e as danzas das Espadas e as Penlas volverán encher as rúas de Redondela ata o domingo 22 de xuño
O Redondela Rock ofrecerá unha potente aposta musical, con Herdeiros da Crus e América de Vigo

Cartel da Festa da Coca de Redondela 2025 / FDV
A Festa da Coca continúa en Redondela ata o domingo 22 de xuño, unha das celebracións máis agardadas do calendario estival e, sen dúbida, a máis épica de cantas se celebran.
A edición de 2025 chega cargada de novidades, entre elas o maior festival de rock da historia da vila, cun total de cinco concertos e máis de sete horas ininterrompidas da mellor música rock en directo, totalmente de balde.
Consulta aquí a programación ao completo.
Venres 20: O maior festival de rock da historia de Redondela
O venres comezará cunha alborada ás 10:30 h a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela, e ás 11:30 h terá lugar o retorno da Virxe A Gabacha. Pola tarde, desde as 18:00 h, celebrarase o torneo Balonmán na Rúa na Xunqueira e Alameda de Castelao.
A gran cita chegará pola noitiña co Rock Redondela, o maior festival de Rock celebrado na historia de Redondela. Será no campo da feira, desde as 19.30 horas con entrada de balde. Nesta ocasión son os redondeláns Perfectos Extraños, Retroblues e Elevën os que subirán ao escenario para animar ao seu público.
A mítica banda galega Herdeiros da Crus, que actuará a media noite, presentará o seu último álbum Trankimasin. América de Vigo ofrecerá un gran espectáculo co seu tributo a toda a historia do rock and roll, facendo un repaso dos grandes éxitos de todos os tempos con dous pases, o primeiro ás 21.30 horas e o segundo ás 01.30 para pechar o festival.

Antonio Pinacho
Sábado 21: Alfombras en Vilavella e noite con Grande Amore
O sábado volverá a comezar coa alborada e a elaboración das Alfombras Florais nas rúas de Vilavella, un espectáculo visual único.
Ás 22:00 h será a quenda do grupo Gran Parada, para dar paso ás 01.00h a Grande Amore. O trío formado por Nuno Pico, Clara Redondo e María Grep presentará o seu disco III, avalado polo público e a crítica. O picadiscos Rodri Vegas completará a oferta musical da noite.
Domingo 22: Desfile da Coca e clausura coa orquestra Olympus
O domingo, día 22 de xuño, o desfile da Coca será tamén ás 12.00 cos Mordomos e Diañiños, acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas do Carballo das Cen Pólas. Tamén ás 12:00 será a misa na Igrexa de Vilavella, coa posterior procesión polas rúas de Vilavella decoradas con alfombras florais e acompañada pola Danza das Espadas e das Penlas, coa Banda de Música de Chapela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza de Ribadavia.
As festas pecharanse cos concertos da Banda de Música de Chapela, ás 18.00 horas na alameda de Castelao; e a orquestra Olympus, que porá o gran broche de ouro a partir das 22.00 horas no campo da feira.
A alcaldesa, Digna Rivas, salienta tanto a calidade da programación musical como «a aposta decidida deste goberno polos grupos e artistas locais, que estarán presentes en toda a programación».
«Redondela ten moito talento e é a nosa obriga poñelo en valor, tanto aos grupos que teñen xa unha longa traxectoria como aos novos valores da música local», subliña para invitar a veciños e visitantes a gozar destes cinco días de festa.
Deporte na rúa
O deporte tamén estará presente na programación coa competición «Balonmán na rúa» o venres desde as 18.00 horas na pista da Xunqueira e a Alameda Castelao. O domingo será a quenda da patinaxe con “Patina na rúa” ás 19.00 na pista da Xunqueira.
Viaxes á illa de San Simón
Os días 21 e 22 organízanse viaxes en barco á illa de San Simón con visita guiada ao prezo de 6 euros por persoa. Haberá saídas desde o peirao do museo Meirande e desde o porto de Cesantes. Poden mercarse as entradas no museo Meirande (986 458 891), na oficina de turismo de Redondela (986 401 713) e en www.crucerosangel.com

A lenda da Coca, unha das máis importantes e queridas da contorna, é moito máis ca un mito: é memoria viva, tradición compartida e identidade común. / Concello de Redondela
A Coca: o corazón dunha lenda viva
No corazón da vila dos viadutos latexa unha historia antiga, tan fonda coma as augas que bañan Redondela. A lenda da Coca, unha das máis importantes e queridas da contorna, é moito máis ca un mito: é memoria viva, tradición compartida e identidade común.cam
Contan que, hai séculos, un temible dragón agochábase baixo a ponte da illa de San Simón. Desde alí, saía para raptar ás mozas máis fermosas da vila, sementando medo entre a xente mariñeira.
Mais un día, os homes do mar, valentes e decididos, embarcáronse nunha xesta heroica: armados coas súas espadas e coa forza da esperanza, venceron á besta e trouxeron o seu corpo ata o centro da vila. Alí, entre danzas e vítores, celebraron a súa vitoria cunha coreografía que aínda hoxe emociona: a Danza das Espadas.
Cada ano, Redondela revive esta historia durante o Corpus Christi. A figura da Coca percorre as rúas acompañada polas Penlas e polos danzantes, nun desfile onde mito e realidade se confunden, e onde a beleza da tradición brilla con luz propia. Porque nesta vila, a lenda non morre: baila, canta e respira ao ritmo da súa xente.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Las bodas de plata de Míchel Salgado y Malula Sanz: algunos de los invitados ya están en Vigo
- El Celta pone el foco en Bryan y Carles