morrazo@farodevigo.es

Que facer hoxe no morrazo...

Actos

Romaría en Darbo e actos en todas as parroquias

Peis d’hos organiza hoxe en Darbo unha romaría polas Letras Galegas, con actividades toda xornada desde as 12.00 h. Ademais en cada parroquia haberá actuacións musicais: A.C.María Soliña en Santo Domingo (ás 11 h), Pais de San Roque na alameda de Aldán (12 h), Lembranzas da Ría na Alameda Vella (12.30) e Tres Pés pa un Banco no adro do Hío (13 h).

Todo o día no adro de Darbo

Charla, música e arte na Asociación de Mulleres de Moaña

A Asociación de Mulleres de Moaña organiza hoxe no seu local a charla «Falemos galego en Madrid» con Verá Santomé e a actuación das pandereteiras Ardora e o coro Chorima. Amais, o local da asociación acolle desde hoxe e ata o 25 de maio a exposición «A metamorfose das cunchas», do artista Xosé Díaz «Cantoneiro».

Hoxe, a partir das 20.00 h no local da Asociación de Mulleres de Moaña.

Tracking Pixel Contents