¿Qué hacer hoy en las comarcas?

Un Cómico na aldea da espectáculo en Orazo

Un Cómico na aldea da espectáculo en Orazo

Ca colaboración da Escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada, este sábado Orazo tivo o pracer de desfrutar da obra Celtas con filtro, que se enmarca dentro do programaUn Cómico na aldea, que promove o concello estradense polas súas parroquias. A seguinte actuación será en San Miguel de Castro, o día 10, tamén a cargo da EMAE.

|  Bernabé

Agolada reúne bandas infantís e xuvenís nun festival / .

Agolada celebrou onte a súa quinta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís. Este evento tivo lugar no Auditorio Manuel Costa Casares e contou coa participación da Pequebanda e da Banda Xuvenil de Agolada. Como formación invitada, estivo presente a Banda Xuvenil da Escola de Música de Guláns, en Ponteareas.

|  Bernabé

Gran éxito da Festa dos Maios en Berres / .

Esta primeira edición da Festa dos Maios celebrada no campo da Mouteira, na parroquia estradense de Berres, tivo unha gran acollida por parte de numerosos veciños que se acercaron a desfrutar da música popular e dun menú de polbo e churrasco a cargo da Polbería Guerra,onde tamén estivo o conselleiro de Cultura, José López Campos.

Goteo constante de peregrinos no Camiño da Geira

O Camiño da Geira e dos Arrieiros,que pasa polo Concello de A Estrada, foi certificado en 2019, despois dun laborioso traballo presentado ante a Igrexa pola asociación Codeseda Viva. Nestes días, nos que non deixan de pasar incontables peregrinos, demostra o acertado do proxecto, que está sendo un enorme éxito en terras portuguesas..

Tracking Pixel Contents