O Vertixe Sonora arranca mañá cunha homenaxe a Kafka polo seu 100 cabodano
Presentan “A noite” con cinco pasaxes contemporáneas | O festival incluirá a estrea da última peza do Premio Nacional Eduardo Soutullo

Soutullo, nunha sesión en Roma. | // FARO

O pasado 3 de xuño cumpríanse cen anos do pasamento de Kafka e a dirección do festival de música contemporánea e experimental Vertixe Sonora elixiu a efemérede como eixo para a xornada de apertura do certame. Será mañá domingo no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo a partir das seis da tarde.
Haberá nesta sesión a estrea de cinco pezas para cuarteto de percusións, electrónica e vídeo. “Son cinco estreas mundiais ao redor da imaxe da noite porque Kafka padecía insomnio. Hai estudosos da súa obra que falan de como os parasomnias están na orixe de moitas das imaxes da súa obra. Propuxemos a varios compositores relacionarse coa obra de Kafka a través da noite”, explica Ramón Souto, director do festival.
No caso do portugués Tiago Morais, parte dun poema que compuxo. A obra inclúe as marimbas para unha música minimalista que abre o espectáculo.
Pola súa parte, a obra de Gabriel Bolaños presentará o son dos bongós como unha imaxe sonora surrealista e escura, “como estar nun río que te leva”, engade Souto.
Na peza “Avis”, do mexicano Mendoza, o plantexamento é unha velada de boxeo. “De feito, aclara o director do festival, os músicos fan os movementos dos boxeadores nos adestramentos. Teñen uns dispositivos nos que se activa o son ao golpear”.
Haberá tamén con Pablo Chin, de Costa Rica, música que nos achegará á perda do sentido cos lisandros do güiro –instrumento de percusión sen cordas nin parches– “como un soño vertixinoso”.
A proposta do mexicano Wingel Mendoza toma como referencia as pinturas dun artista plástico Valenciano chamado Gómez García en cuxas obras relaciona a obra de Kafka coa noite, incluíndose vídeo.
Souto resalta que o autor checo “inspirou a obra de Borges, Thomas Mann, Beckett... ao anticipar os procesos de mecanización e burocracia do mundo moderno polo que era un bo xeito iniciar o festival coa súa homenaxe por ser un autor clave do século XX”.
O Vertixe Sonora continuará este mes, o domingo 13, coa obra “Fogar”, de Helena Cánovas, Juan Jurado e Simone Cardini, tamén no Auditorio Martín Códax.
Neste caso, será unha reflexión sonora sobre a necesidade de “atopar un lugar que te acolla, onde te sintas protexido. Queremos facer pensar sobre as dificultades para a xente nova para atopalo” polos altos prezos dos alugueiros.
“Fogar” está concebida para un ensemble e unha soprano, tamén vertebrados pola electrónica e cun punto de partido de textos.
Un espectáculo moi agardado será o do Premio Nacional de Música en composición Eduardo Soutullo. O vigués presentará a súa última obra no Vertixe. Será o domingo 3 de novembro no Auditorio Martín Códax. Leva por nome “Boules au Bois de Boulogne”.
Formará parte do bloque “Fóra de control” onde tamén se presentarán estreas mundiais doutras obras. No caso da de Soutullo, preséntase unha imaxe onírica pola que o compositor se imaxina estar nas rúas de París onde se atopa con compositores como Ravel. “A peza é para dúas marimbas (feitas de madeira) e dous vibráfonos”, aclara Ramón Souto. O resto do programa pode consultarse en vertixesonora.gal.
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Ilaix firma por cuatro temporadas
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Seis heridos en un grave accidente con dos turismos implicados en Redondela