Fillas de Cassandra, nos seis anos da Sala Rebullón...

n n

A Sala Rebullón organiza para mañá sábado unha foliada para celebrar o seu sexto universario. Desde as 12.00 horas ata as 00.00 horas música á esgalla coa banda viguesa Fillas de Cassandra, Familia Caamagno, Filloas, Zea Mays, Storrentos, Airiños doCastelo e o dj Enxebre.

As entradas poden adquirirsse na web bivetix.com cun prezo de 15 euros en anticipada. Se se compran o mesmo día da foliada o custe será de 20 euros na billeteira.

Fillas de Cassnadra –María SOA e Sara Faro– presentarán o seu primeiro disco, “Acrópole”.

...e os bercianos Autopía na Sala Masteclub

A banda berciana Autopía actúa na Sala Masterclub de Vigo con The Mirror (que ofrecerá un acústico) tamén este sábado a partir das dez da noite. As entradas custan oito euros en anticipada e doce na billeteira.

Como promotor e batería do concerto atopámonos a Suso Valcárcel, de Mirage. Este explica que “é unha banda emerxente de Ponferrada e eu estou de substituto do seu baterista”.

En canto ao repertorio, presentarán o que será o seu novo EP “Penélope y la lluvia”, ao tempo que lembrarán o disco anterior, “Moscas”, e algunha versión.