Fin de semana da Festa da Lamprea máis internacional en Arbo

El programa de la 63 edición de la celebración gastronómica incluye la actuación de las orquestas París de Noia y Olympus

Foto de archivo de la Festa da Lamprea de Arbo.

Foto de archivo de la Festa da Lamprea de Arbo. / Marta G. Brea

Arbo, capital da Lamprea, engalánase para festexar a 63 edición da súa gran celebración gastronómica. A fin de semana grande da primeira Festa da Lamprea de Arbo, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional, será a vindeira; os días 28, 29 e 30 de abril.

A LXIII Festa da Lamprea de Arbo en sí comezará o venres 28 de abril, a partir das 17.30 horas, coa inauguración oficial da Arbomostra 2023; acto que dará paso ás 18.00 horas á saída do pasacalles a cargo da charanga Noroeste.

Na Arbomostra haberá casetas de degustación de lamprea nas súas distintas modalidades de preparación, seguindo as receitas que se conservan xeración tras xeración. Sen dúbida, a máis apreciada nestas datas é a lamprea á arbense, que so se pode saborear en tempada, cociñada no seu propio sangue e acompañada con pan fritido e arroz branco empapado da súa exquisita salsa.

Programa da fin de semana

Cartel de la Festa da Lamprea de Arbo 2023.

Cartel de la Festa da Lamprea de Arbo 2023.

Pola noite, o venres, na praza do consistorio, celebrarase unha gran verbena amenizada pola orquestra La Fórmula, e na rúa Luís Cubelas actuará a orquestra Los Satélites.

Sábado, 29

O sábado 29, a animación festiva comezará ás 11.00 horas co rueiro da Banda de Música de Arbo e a apertura da Arbomostra 2023.

Fernando Romay leerá o pregón

Ás 12.30 horas será a recepción das autoridades na casa do concello, dando paso, ás 13.00 horas á lectura do pregón a cargo do ex xogador de balonocesto, Fernando Romay.

De novo, poderá degustarse lamprea e viños da localidade, a prezos populares, ademais de outras alternativas como polbo ou embutidos.

A partir das 15.00 horas será o Xantar da Lamprea, no que se servirá este peixe prehistórico, elaborado de múltiples maneiras co bo facer das cociñeiras e cociñeiros de Arbo, acompañado dos viños de Arbo D.O. Rías Baixas.

Pola tarde, ás 17.00 horas, os asistentes gozarán coa animación da charanga Cantos Somos e ás 19.00 horas será a actuación do grupo folclórico Asociación Cultural A Barca de Loimil, na praza Consistorio.

A noite do sábado será de gran verbena. Estará animada pola orquestra Paris de Noia, na praza Consistorio, e New York na rúa Luís Cubelas.

Domingo, 30

O domingo, 30 de abril, ás 11.00 horas, abrirá de novo a Arbomostra e haberá actuación da Banda de Música Unión Musical de Valadares con rueiro. Esta mesma formación ofrecerá un concerto ás 12.00 horas na praza Consistorio. Ás 13.00 horas actuará o grupo Asociación Cultural A Barca de Loimil.

Avanzada a tarde, ás 17.00 horas actuará a charanga Encerellados, e percorrerá as rúas da localidade e, ás 20.00 horas, o grupo Dous Tipos actuará na carpa da Arbomostra.

Pola noite, última verbena con grandes orquestras. Olympus actuará na Praza Consistorio e Cuarta Calle amenizará a verbena da rúa Luís Cubelas.