A Festa da Empanada da Bandeira celebra esta fin de semana a súa LXVI edición. O día grande da cita gastronómica trasdezá, declarada de Interese Turístico de Galicia e que xa loita polo recoñecemento a nivel nacional, terá lugar este sábado, pero xa dende o mércores programáronse numerosas actividades nas que a música será a grande protagonista. Música para todos os públicos, dende o rap ao rock, pasando polo folclore tradicional galego, as charangas, as bandas de música e as orquestras, que encherán de troula as rúas e prazas da localidade durante cinco días de festa. Actividades deportivas, infantís e o tradicional roteiro de tapas coa empanada como principal protagonista por diferentes establecementos hosteleiros, completan a oferta.

Dende a organización do certame, a Asociación Amigos da Empanada confía en recuperar e mesmo superar os rexistros de 2019, a última edición celebrada antes da pandemia, e acadar así os máis de 8.000 comensais no día grande da cita gastronómica.

Actuación de Xirandola nas festas de 2019. Bernabé/Ana Agra

Horario e programación:

Mércores, 17

20.30 h: Torneo de Fútbol-Tenis.

21.00 h: Campionato de Canicas.

21.30 h: Actuación da Banda de Veteranos de Bandeira. A continuación, chupinazo e acendido do alumeado. 

22.30 h: Noite DJ, con espectáculos musicais a cargo de DJ Pintu, DJ cALWN e DJ Cid.

Xoves, 18

16.00 h: I Motoempanada.

19.00 h: X Ruta da Empanada polos localeshostaleiros, amenizada polos gaiteiros Os Xuncos e Fanfarria Furruxa.

19.30 h: II Bandeirap.

22.00 h: XX Bandeirock, con Boyanka Kostova, Terbutalina, Brutal y Froján.

Venres, 19

16.00 h: Xogos Tradicionais Populares.

18.00 h: Festa da Escuma.

19.00 h: III Ruta da Empanada con Os Varacuncas, Punteirolo e O Son da Fervenza.

20.00 h: Campionato de Tiro á Corda.

21.00 h: XXXII Esmorga Folk, coa actuación das agrupacións A Requinta da Laxeira, Os da Porfía, Lidia India e Latexo e Volta e Dálle.

Sábado, 20

Festa da Empanada:

12.00 h: pasarrúas da Banda da Bandeira.

12.30 h: Concerto da Banda da Bandeira

13.30 h: Misa cantada pola Coral Polifónica de Agolada.

14.15 h: Sesión vermú coa charanga Os Alecríns

16.00 h: Entrega das empanadas para o concurso

18.00 h: XLIV Festa da Empanada, co tradicional Concurso de Empanadas, animada pola A.C. Xirandola e presentada por Cristina Collazo e Pepe Ayude. Pregón a cargo da chef Lucía Freitas.

22.00 h: cea das peñas, con animación de Os Alecríns e Os Ferraias da Etea.

00.00 h. Gran verbena amenizada polas orquestras América S.L. e Estrellamar.

Domingo, 21

10.00 h: IV Open Internacional de Petanca Suso Otero

12.30 h: Pasarrúas coa Banda Artística de Merza.

13.30 h: Misa cantada polo Coro Vales Mahía.

14.15 h: Concerto da citada banda

19.00 h: Crico Show.

20.30 h: Concerto da Banda Artística de Merza e R.C. de Bandeira.