Boa música e de todos os estilos ten programada o Concello de Redondela para o que queda de verán.

O venres, 19 de agosto, na parroquia de Chapela, poderase ver e escoitar a agrupación “Pa Ti Na Má”, ás 21.30 horas, na Alameda de Rosalía de Castro de Chapela.

XXIII Entroido de Verán

O sábado, 20 de agosto, chegará unha das festas máis agardadas deste mes: O Entroido de Verán, que este ano acada a súa 23 edición nas rúas de Redondela. A toda a festa ao aire libre motivada pola ledicia e as risas aseguradas cos disfraces máis orixinais e divertidos sumaranse as actuaciones de Heredeiros da Crus, De Vacas e moitas sorpresas máis aínda por desvelar.

O domingo, 21 de agosto, seguirá a festa en Redondela. Na Praza da Torre actuará a Rondalla de Redondela, enchendo de música e cor o centro da localidade a partir das 21.00 horas.

Máis música e espectáculos este mes o venres, 26 de agosto. Abeleiras encherá de sons e colorido a Praza da Torre a partir das 22.00 horas.

O sábado 27 a música escollida será o jazz. A Finca Carballo das Cen Pólas acollerá o Reboreda Jazz desde as 20.00 horas e a entrada será de balde.

O domingo 28 o espectáculo será de música coral. No torreiro de Cedeira actuará a Coral A Raíña de Cedeira e Cantares do Brión a partir das 21.00 horas.

En setembro a música seguirá. O venres, día 2, ás 21.00 horas, será a actuación de Pillabands, na Alameda Rosalía de Castro de Chapela. O sábado 3, na Praza da Torre actuará RMS, ás 21.30 horas. O domingo 4 de setembro, Tanto Nos Ten será o encargado de animar a Praza da Torre desde as 21.00 horas.

Todas as actuacións son de balde organizadas polo Concello de Redondela.