O MARCO de Vigo acolle este sábado a presentación do disco "1952. Homenaxe a Alan Lomax", de Tanxedoras, un proxecto iniciado por 5 mozas galegas apaixonadas pola música tradicional, que xa se coñecían por ter formando parte de recoñecidas agrupacións folclóricas. Transformado desde o 2016 nun grupo de tres integrantes, neste novo traballo, Leni Pérez (voz e percusión), María Silva (voz e percusión) e Margó Gayoso (voz, percusión e gaita) están acompañadas por Roberto Comesaña ao acordeón. - marco, vigo - 19.30 - entrada de balde con invitación