Morra o conto chega á grella da TVG para abrir debates sobre os tópicos que enfrontan á sociedade galega. No seu primeiro programa o pretexto é que representa mellor a Galicia, o marisco ou a carne? Con esta escusa Alba Mancebo e David Vilares dedícanse a capitanear cada un dos bandos para sacar conclusións sobre o tema que se trate no programa.