
Pedro Fernández
O proxecto «Escola en Camiño» fai entrega dos premios da súa quinta edición
«Conta a lenda que, en Bouzas, un cabaleiro foi casar e cando estaba a piques de celebrarse a voda, o seu cabalo meteuse na auga e parou diante dun barco, un barco do que se dicía que levaba os restos do Apóstolo. Cando o cabaleiro saíu da auga, apareceu vestido de cunchas, de cunchas de vieiras, un elemento moi relacionado co Camiño de Santiago». Foi a fábula coa que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, quixo darlle a benvida a todo o alumnado que se desprazou esta mañá até a cidade olívica procedente de distintos puntos de Galicia para asistir á entrega de galardóns dos V Premios «Escola en Camiño», outorgados por FARO DE VIGO, La Opinión de A Coruña e El Correo Gallego, en colaboración coa Consellería de Educación, un proxecto referente que desta vez contou coa participación de máis de 3.000 estudantes de preto dunha centena de centros educativos. Más información
Últimos vídeos

El Papa en Madrid
Así ha sido el tercer día del viaje del papa León XIV por España

Restricción digital

