O MARCO de Vigo acolle hoxe unha nova homenaxe a María Xosé Queizán. Será a partir das sete da tarde coas intervencións de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Carme Adán, Helena González, María Xosé Porteiro, Iolanda Veloso e o recital de Marga do Val. A condutora do acto, Inma López Silva. Falamos con Queizán do seu último libro e de retazos da súa vida.
